Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por primeirociclo
07/11/23

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro “OS XOGOS POPULARES” co título “Lerias e enredos doutros tempos”.

O 10 de outubro tivo lugar a Inauguración da nosa biblioteca coa lectura do tradicional pregón no que se anunciou dito proxecto e se falaron das normas de uso e horario.

Para dito evento fíxose unha audición para seleccionar aos mellores pregoeiros/as e os mellores tamborileiros/as. Presentáronse moitos alumnos e alumnas que o fixeron moi ben e aos que lles facía moita ilusión participar facendo moi difícil a decisión do xurado. Finalmente os elixidos foron: Roi de 1º, Nora e Aldara de 4º, Antía e Zoe de 5º e Níobe de 6º como pregoeiros/as e Lois de 3º e Adriana de 5º como tamborileiros/as.

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.

 
Etiquetas:
Por admin
16/10/23

Pouquiño a pouco volvemos á normalidade, cargadiños de actividades a realizar, pero antes de nada, dade unha voltiña pola nosa galería de fotos do ano pasado para facervos unha idea do todo o que vos a partires de agora!!!

Que teñades moi bo curso!!

Etiquetas:
Por fabrito
03/07/23

Unha das actividades programadas dentro da PDI deste curso era a construción da caseta para a colocación da estación meteorolóxica.

O alumnado do 3º ciclo participaron nun obradoiro de carpintería, impartido polos mestre Fran e Lorena.

Quedoulle moi bonita. Parabéns!!!

Etiquetas:
Por fabrito
03/07/23

Unha das actividades que levamos a cabo ao longo deste curso foi dar o parte meteorolóxico, diariamente a través das ondas a nosa emisora escolar Radio Saltamontes. Cada mañá cando deixaba de soar a música de entrada e xa estaba todo o alumnado dentro das súas aulas, o alumando de 6º, encargamos da emisora, foron @s homes/mulleres do tempo radiofónico. Logo de consultar os datos meteorolóxicos na wen de Meteo Galicia, daban a previsión meteorolóxica para o Concello de Salvaterra e para o resto de Galicia.

Etiquetas:
Por admin
27/06/23

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º niveis fixemos unha saída para visitar o Salón do libro de Pontevedra.

Pasamos un día moi divertido lendo e participando en xogos propostos polas monitoras que nos mostraron o salón.

Rematamos o día comendo e xogando nun fermoso parque á beira do río.

Foi un día xenial!

Visita a nosa galería para ver as fotos máis destacadas dese día.

Etiquetas: