Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
25/02/24

Por segundo ano consecutivo, a asociación pedagóxica Ponte...Nas Ondas, quixo premiar á nosa escola pola súa participación no certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio. Desta volta presentámonos coas fotografías do calendario do curso pasado METEOALXÉN. Eran tantas e tan boas que, por unanimidade e fóra de toda categoría decidiron outorgarnos un premio. A entrega era en Ourense e alí foi, o alumnado de 2º, 5º e 6º por ser os que máis fotos tiñan no calendario. Este ano volveremos a presentarnos coas fotos que traian as familias, gañaremos outra vez?

Pasádevos pola nosa galería para ver a entrega de premios.

Etiquetas:
Por admin
25/02/24

Por causas alleas á escola (o que ven sendo, a chuvia), non puidemos saltar a fogueira o día do magosto. Levamos unha decepción tremenda, e por iso, unha semana máis tarde, cando deixou de chover e, aproveitando a celebración do concurso Coco-Alxén, os nosos mestres e mestras decidiron darnos unha sorpresa e preparar as fogueiras para saltar.

Que alegría cando nos demos conta de que a mestra Eva, moi disimuladamente sacaba os sacos de bullo para o patio!!! Ela pensaba que non nos deramos conta pero... non se nos escapa unha!!!

Comprobade aqui o ben que o pasamos!

Etiquetas:
Por admin
25/02/24

Unha semana máis tarde do habitual, tivo lugar o concurso de COCO-ALXÉN. Os mestres que chegaron novos ao centro exerceron de xurado e resultoulles moi pero que moi difícil escoller as cabazas gañadoras. Non podían gañar todas polo quixemos premiar a participación entregando un pequeno agasallo a todos e todas os nenos e nenas que presentaron algunha cabaza a concurso. Eran todas espectaculares pero só nove foron as afortunadas que formaron o podium de vencedores.

Podédelas ver premendo aqui.

Etiquetas:
Por admin
25/02/24

Alá polo San Martiño, celebramos na escola a xornada de xogos tradicionais e o magosto. Con esta damos comezo ás festas, celebracións e conmemoracións que, como poderedes comprobar ao longo de curso, non son poucas.

Queredes ver que ben o pasamos? Pois mirade o noso álbum.

Etiquetas:
Por admin
25/02/24

Capitaneados polo mestre Pablo e os seus titores, Sonia e Fran, o noso alumnado do 3º ciclo demostrou que é o que máis sabe de seguridade na rede. Presentáronse a un concurso de ciberseguridade e que non sabedes que paso? Pois que GAÑARON!! Moi emocionados foron á final que tivo lugar en Santiago de Compostela, houbo moitos nervios e momentos algo tensos, pero mereceu a pena.

PARABÉNS CAMPIÓNS!!

(clicade na imaxe)

 
Etiquetas: