Quinto

Sexto

Quinto

CALENDARIO 2021

Como xa sabedes o proxecto anual do centro deste curso  é  "A AGRICULTURA". Todos os anos elaboramos un calendario con fotografías  que aporta a familia e outras que quitamos dos obxectos aportados a exposición. Este ano non foi posible montar a exposición debido a Covid-19, pero os nosos alumnos/as quitaron moitas fotografías que depois traballaron na aula buscando información e elaborando os pés de foto.  Foron tantas as fotografías que era  imposible plasmalas todas no calendario tendo que facer unha escolma. Aquí tedes o magnífico resultado.

Parabéns nenos/as, mestres/as e familia polo voso traballo!!!!!

 

Para ver o calendario completo preme na imaxe.

NADAL 2020

Prezadas famillias, os mestres e mestras do Carlos Casares queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano novo, e agradecervos o voso apoio e comprensión neste atípico primeiro trimestre. Aproveitamos para transmitirvos o orgullosos e orgullosas que nos sentimos do noso alumnado polo seu comportamente responsable ante esta situación. O noso aplauso este ano vai por eles, por aguantar o frío das fiestras abertas; por traballar cinco horas seguidas con máscara; por aceptar que o recreo xa non é para compartir pero si para convivir; por cumprir, a pesares de todo co académico e, sobre todo, por demostrarnos que todo isto se pode facer sen perder o sorriso.

Como este ano non se puido levar a cabo o noso habitual festival de nadal, compartimos con vós un vídeo elaborado polo mestre de música Miguel Ángel, no que se recollen as actuacións dos voso nenos e nenas. (clicade na imaxe para velo)

Bo Nadal!!!!!

Claustro de CEP Carlos Casares

 

 

ACTIVIDADES CIENCIAS SOCIAIS 5º (SOLUCIÓNS)

EXERCICIO 1. Copia e completa:

  • As actividades económicas proporcionan riqueza e traballo que satisfán as necesidades das persoas.
  • O tipo de turismo que atrae máis visitantes a España é o de sol e praia , aínda que o noso país tamén ten oferta en turismo rural e natural e en turismo cultural.
  • comercio e o transporte son as dúas actividades implicadas no proceso comercual porque facilitan que os bens pasen dos produtores aos consumidores.
  • O sector económico no que traballan máis españois é o terciario, e no  que menos, o primario.

 

 

EXERCICIO 2. Dí se é verdadeiro (V) ou falso (F)

a) Chámase comercio a actividade de comprar e vender. V

b) Os retallistas véndelles os produtos aos comerciantes. F

c) Os almacenistas cómpralles directamente aos produtores. V

d) Os consumidores cómpralles os produtos aos almacenistas. F

 

EXERCICIO 3. Clasifica os seguintes traballos no sector económico correspondente.

  • Extrae granito dunha canteira. Sector secundario
  • Traballa na construción. Sector secundario
  • Elabora galletas. Sector secundario
  • Conduce un tren de mercadorías. Sector terciario
  • Leva as ovellas a pastar ao campo. Sector primario
  • Guía os grupos de turistas por unha cidade. Sector terciario
  • Ponlles vacinas aos nen@s. Sector terciario
  • Sementa e fertiliza a terra. Sector primario
  • Fabrica pezas para unha lavadora. Sector secundario
  • Dálles clases a nen@s nun colexio. Sector terciario
  • Cobra na caixa dun centro comercial. Sector terciario
  • Instala tubos na cociña dunha vivenda. Sector secundario

 

TAREFAS MATEMÁTICAS E LINGUA, MÉRCORES 28 DE OUTUBRO

Boa tarde rapaces/rapaza!!! Que tal estades???

Nós estamos desexando que voltedes logo á escola!!!!!

Déixovos aquí as tarefas que fixemos hoxe.

MATEMÁTICAS:

  1. Correxir tarefas de onte. Ficha de autocorrección.
  2. Potencias: facer un cadro de estudo no que apareza a definición da potencia. Bocadillo da viñeta da páxina 24 e tamen poñer un exemplo de potencia onde apareza o nome dos térmos dunha potencia: base e exponente. Estudar.
  3. Facer as tres primeiras tarefas dos exercicios 38 e 39.
  4. Facer as dúas columnas da esquerda do exercico 40.
  5. Facer a seguinte dividión:501206950:980= (Fixádevos ben nesta división!!!!!! Pista: podemos facer outra división equivalente na que só hai dúas cifras no divisor. Se non sodes quen de simplificala, tranquil@s, facédea tal cual está que xa vos explicarei o que pretendía)

LINGUA:

  1. Cubrir outra ficha dos trebellos da labranza. Preme aquí para descargarla.

Coidádevos moitísimo.

Ata prontoooooooo!!!!

Mestra Paqui.

ENGLISH WORK 5TH GRADE (Wednesday 28th October)

Oh!Children! What a disaster!!  I made a mistake on Monday when I published the activities, the worksheet from the activity book isn't related to the one from the pupil's book. Forget about it. I'm terribly sorry for that.

Here you have the correct one with the solutions, but don't cheat!! do the exercises before checking the solutions!!

See you soon

Belén

(click on the title)

Oh nen@s!! Que desastre!! Cometín un erro o luns cando publiquei as tarefas do días. A páxina de actividades non se corresponde coa do Pupil's book. Esquecede esa tarefa. Síntoo moitísimo.

Aquí vos deixo a páxina correcta coas solucións, pero non fagades trampa!! Facede os exercicios antes de comprobar a solución.

Vémonos prontiño

Belén

(clicade no título)

TAREFAS MATEMÁTICAS, OBRADOIRO E LINGUA, MARTES 27 DE OUTUBRO

BOA TARDE, NENOS!!! QUE TAL ESTADES??

AQUÍ VOS DEIO AS TAREFAS QUE FIXEMOS HOXE.

OBRADOIRO:

  1. Visualizar o seguinte vídeo dende o minuto 2:55 ata o minuto 7:25.
  2. Facer o voso mandala ata este punto. Cada tipo de trazos debedes facelo con rotuladores de distintas cores.

MATEMÁTICAS:

  1. Correxir as tarefas de onte. Ver ficha de autocorrección
  2. Facer o exercicio da páxina 23.
  3. Ler páxina 20.
  4. Facer exercicio 20 da páxina 20 (Se tedes dificultades para entender esta propiedade escribídeme e chámovos para explicarvos)

LINGUA:

  1. Para descargar as viñetas de Mafalda, debedes premer co botón da dereita sobre a imaxe e premer sobre "gardar imaxe como". Debedes poñerlle un nome e descargalas no cartafol "Lingua".
  2. Unha vez que teñades descargadas as tres viñetas, creade un documento que se chame "Mafalda" e inserir¡de as tres viñetas. Premede sobre "Inserir" na barra de menús e ides seguindo a ruta ata chegar a onde as tedes descargadas: Ususario>Documentos>Lingua
  3. Escribir a tradución das viñetas.

Xa vos falta pouquiño para voltar ao cole, Ánimooooo!!

Mestra Paqui

RELIXIÓN 27-10-2020

Boa tarde!!! 

Aquí vos deixo a lectura sobre o Samaín  que estivemos vendo pola mañá. Sabíades que o Samaín ten a súa orixe nunha festividade celta??

 

Samaín é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor.  En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990, que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos,(Día escollido pola Igrexa católica para orar polos finados que se celebra o 2 de novembro), na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.

PREME NA CABAZA PARA LER.

    

 

TRABALLO DE LINGUA CASTELÁ, MARTES 27 DE OUTUBRO

Ola queridos alumnos de 5º.

Como vai todo? Xa queda menos para que voltedes. ÁNIMO!!!

Onte comezamos o tema 2. Na vosa libreta deberedes poñer TEMA 2: ¡NARIZ A LA VISTA!

A continuación copiades o cadro de estudo da páxina 30 e facedes os exercicios 1, 2 e 3 desa mesma páxina.

Tedes as páxinas do libro escaneadas no arquivo adxunto

Coidádevos moito.

Un saúdo.

Sonia

TAREFAS MATEMÁTICAS, LINGUA E NATURAIS, LUNS 26 DE OUTUBRO

Boa tarde! Que tal foi a fin de semana??

Estas son as tarefas de hoxe.

 

MATEMÁTICAS

 

  • CORREXIR AS TAREFAS PENDENTES. Ficha de autocorrección

  • COPIAR CADRO DE ESTUDO DA PAXINA 23

  • FACER A COLUMNA DA ESQUERDA DOS EXERCICIOS 34, 35 E 36

 

LINGUA

 

  • RECITAR EN VOZ ALTA A ESTROFA QUE TIÑA QUE APRENDERSE

  • FACER OS EXERCICIOS 1 E 2 DAS PÁXINAS 12 E 13

 

NATURAIS

 

  • COPIAR NO CADERNO O SEGUINTE TEXTO

 

Na función de relación dos animais participan:

 

* Os órganos dos sentidos (oído, tacto, olfacto, gusto e vista)

 

* O sistema nervioso (cerebro, médula espinal e nervios)

 

* O aperello locomotor (esqueleto, músculos)

 

As plantas responden a estímulos como á luz, á temperatura e á humidade. Non posúen sistemas especializados na función de relación.

 

  • LER CON ATENCIÓN A PÁXINA 6.

 

Se tes algunha dúbida, escribe un correo electrónico ao enderezo do ciclo. 3.ciclo.carlos.casares@gmail.com

 

Ata mañá.

Mestra Paqui

 

 

 

 

Distribuir contido