Skip to Content

Contratos-Programa

actividades dos contratos-programa

SEMANA DOS LÁCTEOS

Durante o período do 14 ao 18 de febreiro repartirémoslle ao alumnado un batido durante o tempo de recreo. Ao alumnado alérxico ou intolerante á lactosa daráselle un iogur bebible sen lactosa.

Esta iniciativa está recollida dentro da modalidade dos Contratos Programa EDU - Saúde, na que se pretende que o centro sexa un dinamizador da vida saudable.

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz en non violencia. data que coincide co aniversario de Mahatma Ghandi, líder pacifista que promoveu a non violencia e a resistencia fronte a inxustiza.

Na clase de 2º, en colaboración coa mestra Silvia traballamos a paz mediante a lectura de contos: " A pomba dona Paz" de Ramón Caride. "Batalla de Naipes", "Wangari y los árboles de paz" e "Que viva a paz". Tamén deseñamos pombas da paz, fixemos un foldable de Ghandi e pescudamos sobre Malala.

Tamén fixemos nubes de palabras co programa WORD ART en forma de pinga de auga para o conto colaborativo que nos propuxeron facer dende os equipos de DNL e Bibloteca.

Álbum: CURSO 21-22 -> DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

PROGRAMA ARCO

 

TRABALLAMOS CON XEOPLANOS E CON BLOQUES LÓXICOS

As matemáticas parécennos moi divertidas. Encántanos facer construcións con bloques lóxicos. Sáennos resultados xeniais. As veces ata reproducimos obras de arte!

A semana pasada comezamos a traballar con xeoplanos. Son unhas táboas de plástico ou de madeira con clavos. Nós facemos figuras xeométricos utilizando gomas elásticas de cores que se suxeitan nos clavos.

 

 

FINA CASALDERREY

A madriña da nosa aula chámase Fina Casalderrey. Aprendemos moitas cousas sobre a súa vida e despois lemos un libro seu moi divertido que se chama: Puag, que noxo! Rimos moito léndoo.

Aquí estamos nós cos traballos que fixemos sobre esta autora galega.

O LIBRO DE FELICITACIÓN DO ANIVERSARIO

No cole celebramos o noso aniversario cos compañeir@s: traemos unha torta, cantamos o "Parabéns para ti", felicítannos no recreo pola emisora escolar e os compañeir@s da clase fannos entrega dun libriño de dedicatorias  coa portada personalizada!!!

Mirade que feliz estaba Sara co seu libriño !!!

 

QUE LLE GUSTA AOS MEUS COMPAÑEIR@S DE MIN?

Nunca vos fixéstedes esta pregunta? Nós, sí!!! Así que cada un elixiu un folio de cor e escribiu o seu nome. A continuación, fómolos pasando aos nosos compañeir@s  e cada un de nós escribiu o que lle gustaba dos demais.

Saíron cousas sorprendentes!!! Logo, decidimos facer un mural e pegalo na corticeira da nosa clase.

DINÁMICA "O NOBELO DE LA"

 A que a tod@s nos gusta que nos digan cousas positivas? Na clase de 1º fixemos a dinámica "O nobelo de la". A medida que iamos formando un nobelo coa la de cores a nosa autoestima ía subindo por todo o alto. Que ben senta recibir comentarios positivos d@s compañeir@s.

Animámosvos a que a fagades... xa veredes como acabades cun gran sorriso nas vosas caras Risa

O bingo de 2º

Os nenos de 2º xogamos o Bingo! É unha maneira divertida de traballar cos números, aprender a localizalos, manexar a súa orde.....Sorriso

 

Creando polígonos!

Os alumn@s de 2º divertímonos moito descubrindo e creando diferentes polígonos! Aprendemos que xuntando triángulos....podemos obter un cuadrilátero!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut