Primeiro

DÍA MUNDIAL DO ACOSO

O 2 de maio foi o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a moitos nenos e nenas en todo o mundo. As consecuencias do acoso a longo prazo son preocupantes, sobre todo a nivel psicolóxico. Nenos/as que non queren ir á escola por non ter que enfrontarse ao seu acosador/a ou acosadores, nenos e nenas que teñen terrores nocturnos e non poden durmir a consecuencia do acoso ou bullying e nenos e nenas que atentan coa súa vida polo moito que sofren.

Dende o CEP Carlos Casares queremos erradicar esta lacra concienciando á comunidade educativa traballando o acoso a nivel de centro. O alumnado de 3º de Relixión traballou nun programa de radio especial Día do acoso e os colaboradores seleccionaron e recomendaron libros dende a biblioteca para tratar o tema. Ademais traballamos de 3º a 6º a curtametraxe “El sánwich de Mariana”.

        

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Unha promesa, unha aventura, un regalo... Hai poucos obxectos que sexan tantas cousas coma un libro. Os libros están cheos de coñecemento, ledicia, solidariedade, beleza, imaxinación, creatividade, liberdade, vida... Os libros son luz e o alumnado de 6º quixo levar esa luz máxica a todos os nenos e nenas do centro contando o conto "LEOTOLDA" da escritora Olaga de Dios, con marionetas e luz ultravioleta. Resultou todo un espectáculo!! Parabéns nenos e nenas de 6º!!!. PULSAR NA IMAXE PARA VER FOTOS.

 

 

 

 

 

VISITA DOS AUTORES AO CENTRO

Todos os anos arredor do día do libro  visitan o cole un autor e unha autora galega . Desta volta os elexidos son RAMÓN D. VEIGA E PAULA CARBALLEIRA. Esperámolos con moita ilusión.

 

   

     

 

LECTURAS AO SOL

 Coa chegada do bo tempo quitamos os libros para ler á sombra das árbores do centro. Son os colaboradores da biblioteca os encargados da elección dos libros así como de sacar a caixa e a cesta coas mantiñas e coxíns.

Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos desta actividade

 

DÍA DA POESÍA

O pasado día  21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado  elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de  montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.

 

DÍA DA MULLER DENDE A BIBLIOTECA

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do  Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

 

QUE BEN O PASAMOS!!

É momento do programa de radio máis especial e emotivo do ano. O primeiro programa do alumnado de 1º nivel, que nos conta o que fan na escola. Sabedes quen é Salustiano e que fai na escola? Escoitade o descubrirédeo!

BOA ESCOITA

 

SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER

No CEP Carlos Casares traballamos o día da muller e a semana da prensa de forma conxunta. Cada clase escolleu unha muller deportista e elaborou unha noticia. Con cada deportista traballáronse diferentes valores e historias de superación.

A clase de 1º elixiu a resiliencia con Teresa Portela, 2º traballou a superación con Adiaratou Iglesias, 3º e 4º escolleron dúas campioas do mundo; Aitana Bonmatí e Teresa Abelleira, 5º decantouse pola polifacética Susana Rodríguez e 6º redactou sobre a “reciclaxe deportiva” de Desireé Vila.

As noticias quedaron expostas nas portas de cada aula xunto cunha infografía da súa vida.

 

O venres 8 de marzo, cada curso fixo unha simulación da recollida da medalla e unha presentación biográfica sobre a vida da súa muller deportista escollida. Para rematar con esta conmemoración, os nenos do centro participaron nun Kahoot sobre as mulleres traballadas.

Queredes acceder á nosa galería de imaxes? Clicade aquí.

Distribuir contido