Primeiro

CLUB DE LECTURA

Este curso temos un club de lectura por ciclo:

Os Lectubers do 1º ciclo (TORIBIOS)

Os lectubers do 2º ciclo (O CAN RIN)

Os lectubers do 3º ciclo (FOLLAS NOVAS)

 

Este trimestre tivemos o noso primeiro encontro e pasámolo xenial. Falamos dos libros que lemos durante o verán e os libros que estamos a ler agora, dos que nos gustaron moito e dos que non tanto argumentando o motivo e falando un pouco do libro. Descubrimos a diferente variedade de libros que nos gusta a cada un de nós. Falamos das propostas de autores/as que nos gustaría que visitasen o noso cole e buscamos libros deses autore/as na  nosa biblioteca. Tamén  buscamos  na internet  información dos autores/as e outros libros que non temos na biblioteca.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 DE OUTUBRO

O 24 de outubro celébrouse o día das bibliotecas. Comezamos a semana recordando a importacia e as posibilidades da biblioteca como lugar de lecer, entretemento, investigación e creación...Agasallouse cun marcapáxinas coa mascota da nosa biblioteca ao alumnado novo no centro. Tamén comezamos coa ruta das mochilas viaxeiras, cada unha delas con material adaptado ao curso.  Agardamos que vos guste o seu contido e que desfrutedes en familia!

 

 

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro “OS XOGOS POPULARES” co título “Lerias e enredos doutros tempos”.

O 10 de outubro tivo lugar a Inauguración da nosa biblioteca coa lectura do tradicional pregón no que se anunciou dito proxecto e se falaron das normas de uso e horario.

Para dito evento fíxose unha audición para seleccionar aos mellores pregoeiros/as e os mellores tamborileiros/as. Presentáronse moitos alumnos e alumnas que o fixeron moi ben e aos que lles facía moita ilusión participar facendo moi difícil a decisión do xurado. Finalmente os elixidos foron: Roi de 1º, Nora e Aldara de 4º, Antía e Zoe de 5º e Níobe de 6º como pregoeiros/as e Lois de 3º e Adriana de 5º como tamborileiros/as.

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.

 
Álbum: CURSO 23-24 -> INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

COMEZAMOS NOVO CURSO

Pouquiño a pouco volvemos á normalidade, cargadiños de actividades a realizar, pero antes de nada, dade unha voltiña pola nosa galería de fotos do ano pasado para facervos unha idea do todo o que vos a partires de agora!!!

Que teñades moi bo curso!!

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO E VISITA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º niveis fixemos unha saída para visitar o Salón do libro de Pontevedra.

Pasamos un día moi divertido lendo e participando en xogos propostos polas monitoras que nos mostraron o salón.

Rematamos o día comendo e xogando nun fermoso parque á beira do río.

Foi un día xenial!

Visita a nosa galería para ver as fotos máis destacadas dese día.

Álbum: CURSO 22 -23 -> SALÓN DO LIBRO

CLUB DE CIENCIA 22-23

Un ano máis seguimos aprendendo moitas cousas sobre o espazo que nos rodea grazas ao club de ciencia. Cada ano nos gusta máis esto de facer experimentos...

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nenos e nenas do 1º ciclo puxémonos as botas no obradoiro de cociña.

Fixémos brochetas de froitas variadas en chocolate... que ricas estaban!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> OBRADOIRO DE COCIÑA

LIBRO VIAXEIRO DAS PARROQUIAS

Os nenos e nenas de 1º nivel traballamos o "Libro viaxeiro das parroquias", no cal explicamos como é o lugar onde vivimos.

Nel escribimos as súas características físicas, número de habitantes, monumentos e lugares que ten, etc.

Ademáis colocamos fotos para que os nosos compañeiros/as poidan comprobar cómo é a nosa vila/pobo.

ANDREA MACEIRAS E DAVID RODRÍGUEZ

Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> VISITA AUTORES CONVIDADOS
Distribuir contido