Primeiro

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas a nivel mundial. Neste ano, queremos recordar a figura de Quino, que faleceu recentemente, o 30 de setembro, aos 88 anos.  Joaquín Salvador  Lavado Tejón, coñecido como Quino naceu en Arxentina, sendo  fillo de españois (Málaga). Quino foi humorista gráfico (debuxante) e historista. A súa obra máis coñecida é a tira cómica Mafalda publicada entre 1964 e 1973. As aventuras de Mafalda seguiron reeditándose en diarios e revistas percorrendo o mundo e as distintas xeracións.  Quino deixounos grandes frases postas en boca dunha nena que non tiña pelos na lingua. Coñecedes a Mafalda?

 

       

O personaxe de Mafalda foi creado por Quino para unha campaña de publicidade de electrodomésticos, que non se chegou a publicar.  A través desta personaxe Quino expresou as súas reflexións sobre a vida, os poderosos e a liberdade. Mafalda é unha nena cercana, que se preocupa pola pola política mundial e ten un amigo, Manolito, que está obsesionado co diñeiro. 

Mafalda, xunto cos seus inseparables compañeiros (un globo terráqueo co que mantén curiosos diálogos e un transistor, no que escoita aos Beatles), servíronlle a Quino para mostrarnos como vía el o mundo e como pensaba que debería ser en realidade ese mundo.

Aquí vos deixamos algunas das historietas :

   

 

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE E DESPOIS NOS LIBROS PODEDES  LER  OS LIBROS COMPLETOS DE MAFALDA:

Un saudo da profe Merce

Moitas grazas por ser os meus alumnos-as neste curso, seguro que o imos pasar moi, moi ben, e xa sabedes que sempre podemos ter unha sorpresa...

Baile Letras Galegas educación musical



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 

Espero que o disfrutedes!

 

 
 
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
 
 
Felices Vacacións!!!!
 
 
 
Mándovos unha aperta moooi graandeee!
 
 

Boas novas!

 

Bo día!! Sorriso

Hoxe teño varias cousas que dicirvos.

En primeiro lugar e o máis importante: un GRAZAS moi grande a vós: campións e campioas que non deixastes de esforzarvos nin un só segundo durante esta etapa complicada que vos tocou vivir. Estou moi moi orgullosa de vós. Lembrades que ao comezo de curso vos dixen que me contaran que me tocara a mellor clase de todas? Pois non podían ter máis razón, canto aprendín convosco!! Risa

 

 

En segundo lugar, outro GRAZAS ben grande para vós: as familias. Polo esforzo tan grande que fixestes durante este tempo todo: cooperando en todo momento coa escola, axudando aos cativ@s, mandando as tarefas… Grazas por facerme o traballo tan doado.

Agora, unha boa nova: esta é a última semana antes das desexadas vacacións e xa que vos esforzastes tanto neste tempo... vacacións anticipadas: non haberá máis tarefas! Selado

Podedes aproveitar esta semana para rematar de ler o libro de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López, que comezamos a ler na clase, lembrádesvos?

 

Se xa rematastes o libro, podedes dar unha volta pola biblio do cole e escoller un libro que vos guste, hai moreas e moi interesantes!

Tamén será unha semana para aproveitar e mandar as tarefas que poidades ter atrasadas.

Por último, familias lembrade que o martes 16 nos vemos no colexio nas horas que vos indiquei a través do Abalar Móbil.

Seguimos en contacto a través do correo electrónico e non vos esquezades que o mércores 17 nos vemos ás 17:30 na nosa videoconferencia!

Moreas de apertas,

Estefanía.

 

EDUCACIÓN FÍSICA

Esta semana quero compartir con todas e todos vós un pequeno vídeo con algunhas das actividades que fixéstedes durante o confinamento.

A vosa historia!

Boa tarde!

Hoxe veño cunha sorpresa que agardo que vos guste… Selado

Lembrades que nestas últimas videoconferencias xogamos a inventar unha historia? Seguro que si!

A verdade é que vos quedou unha historia ben orixinal chea de personaxes! Risa

Confésovos que non fun quen de elixir un título entre tantos que propuxestes… 

Agardo que a desfrutedes! Sorriso

Apertas,

Estefanía.

Máis arte!

Bo día!!

Parece que xa chegou o verán, non si? Selado

Hoxe veño con algunhas das últimas creacións que me chegaron!

Desta vez as marionetas de Gabriel e Lois e os origamis que fixo Nahir.

Ollade que ben lles quedaron Sorriso

Moitas apertas para tod@s!

Estefanía.

Marionetas de animais!

Boa tarde para tod@s!! 

Hoxe veño a ensinarvos outra entrega das vosas obras de arte.

Desta vez as marionetas que fixestes coas pinzas da roupa! Selado

Pola mañá xa puidemos ver algunhas pero non tod@s, polo que vou ir pondo por aquí as que me cheguen para que poidades velas.

Temos todo tipo de animais: xoaniñas, crocodilos, peixes, quenllas, osos, polos

Estou marabillada coa vosa imaxinación!! Risa

 

 

Moreas de apertas,

Estefanía.

As pitas baixo a choiva

Bo día a tod@s!!

Hoxe témosvos unha sorpresa moi especial que creo que vos vai encantar! Con motivo do Día das Letras Galegas íamos  preparar unha actuación pero como non foi posible, dende primeiro curso imos facerlle unha pequena homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.


Lembradesvos dos debuxos que fixestes do conto "As pitas baixo a choiva"? Pois quedaron todos espectaculares, abofé que si! Foi moi doado facer esta pequena montaxe con semellantes obras de arte. 

Espero que desfrutedes moito véndoa! Grazas tamén a mestra Sabela que ideou canda min esta sorpresa e axudou a darlle forma. Que vivan as nosas letras galegas!

 

Apertas, Estefanía e Sabela.

Facemos origamis!

Bo día para tod@s!!

Hoxe volvo a pasarme por aquí con outra sorpresa máis, est@s cativ@s non deixan de sorprenderme! Sorprendido

Sabedes o que son os origamis? Son figuras que se fan dobrando papel.

Desta vez o alumnado de 1º fixo un origami dun can, aínda que algúns e algunhas se atreveron a facer outros animais: coellos, dinosauros…
Agardo que vos gusten tanto como a min!

 

  

Apertas virtuais Sorriso,

Estefanía.

Distribuir contido