Primeiro

O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO

XOEL , IRIA E ÁLVARO XA LEVABAN UNHA SEMANIÑA PREPARANDO O GUIÓN DA RADIO. FIXEMOS SIMULACROS NA CLASE E ATA NA EMISORA...O FINAL SAIU UN PROGRAMA "MALLADO".

MOITAS GRAZAS A PROFE LUZ POR AXUDARNOS E COMO NON A CARLOS E IZAN QUE ESTABAN NA EMISORA PARA CONTROLAR OS MICROS E A MÚSICA.

 

Por fin rematamos de pintar as bolsas

XA TEMOS TODAS AS BOLSAS DA MERENDA PINTADAS, MARTÍN, NORA, ESTEBAN E IRENE DEMOSTRARON A SUA CREATIVIDADE COAS PINTURAS DE TEA...MIRADE

                                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                  

 

 

 

Levamos unhas semaniñas que non paramos...

Uff estamos que non paramos, a profe Merce nos fai traballar moitisiiiiiimooooo, pero o pasamos moi ben, aparte temos unha profe nova na clase, a Profe Jenni ( ou como dín Xoel " a profe ghuapa") que vai estar con nos ata decembro.

Traballamos as partes do corpo e as articulacións... dun xeito moi divertido.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E seguimos pintando as bolsas da merenda...

 

Ahhh e a profe está a facer o video do Magosto...Mirade que artistas que somos no cole de Alxén...

 

Pero shhhh que coas sesións de MUS-E que temos estamos máis que relaxados....

 

 

Pero que centradiños que estamos...

O papagaio da profe Merce esta abraiado do

moito que traballamos na sua clase, ainda

que tamén temos tempo de pasalo ben, ahí

vai un video curtiño do que facemos ...

 

OS NOSOS PRIMEIROS MESES NO COLE

Estes primeiros meses na clase, ainda que non é como outros anos, estamos a traballar pero dun xeito diferente, ahí estamos moi concentrados...Pero tempo para pasalo ben e aproveitar o solciño do recreo, temos... Unha mostra do traballo e do ben que o pasamos...

Concentradiños e cómodos facendo letras...

 

A nosa clase é grande , con claridade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E no recreo ...xa vedes, merendando que nos presta e moito...

Xa estamos preparando tamén a decoración das bolsas da merenda, Xoel e Mikaela deixando voar a sua creatividade....

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Temos algúen supervisando todo aquelo que facemos... O papagaio Jueves , ahí o tedes...escoitado a profe Merce que o mantén informado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas a nivel mundial. Neste ano, queremos recordar a figura de Quino, que faleceu recentemente, o 30 de setembro, aos 88 anos.  Joaquín Salvador  Lavado Tejón, coñecido como Quino naceu en Arxentina, sendo  fillo de españois (Málaga). Quino foi humorista gráfico (debuxante) e historista. A súa obra máis coñecida é a tira cómica Mafalda publicada entre 1964 e 1973. As aventuras de Mafalda seguiron reeditándose en diarios e revistas percorrendo o mundo e as distintas xeracións.  Quino deixounos grandes frases postas en boca dunha nena que non tiña pelos na lingua. Coñecedes a Mafalda?

 

       

O personaxe de Mafalda foi creado por Quino para unha campaña de publicidade de electrodomésticos, que non se chegou a publicar.  A través desta personaxe Quino expresou as súas reflexións sobre a vida, os poderosos e a liberdade. Mafalda é unha nena cercana, que se preocupa pola pola política mundial e ten un amigo, Manolito, que está obsesionado co diñeiro. 

Mafalda, xunto cos seus inseparables compañeiros (un globo terráqueo co que mantén curiosos diálogos e un transistor, no que escoita aos Beatles), servíronlle a Quino para mostrarnos como vía el o mundo e como pensaba que debería ser en realidade ese mundo.

Aquí vos deixamos algunas das historietas :

   

 

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE E DESPOIS NOS LIBROS PODEDES  LER  OS LIBROS COMPLETOS DE MAFALDA:

Un saudo da profe Merce

Moitas grazas por ser os meus alumnos-as neste curso, seguro que o imos pasar moi, moi ben, e xa sabedes que sempre podemos ter unha sorpresa...

Baile Letras Galegas educación musical



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 

Espero que o disfrutedes!

 

 
 
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
 
 
Felices Vacacións!!!!
 
 
 
Mándovos unha aperta moooi graandeee!
 
 

Boas novas!

 

Bo día!! Sorriso

Hoxe teño varias cousas que dicirvos.

En primeiro lugar e o máis importante: un GRAZAS moi grande a vós: campións e campioas que non deixastes de esforzarvos nin un só segundo durante esta etapa complicada que vos tocou vivir. Estou moi moi orgullosa de vós. Lembrades que ao comezo de curso vos dixen que me contaran que me tocara a mellor clase de todas? Pois non podían ter máis razón, canto aprendín convosco!! Risa

 

 

En segundo lugar, outro GRAZAS ben grande para vós: as familias. Polo esforzo tan grande que fixestes durante este tempo todo: cooperando en todo momento coa escola, axudando aos cativ@s, mandando as tarefas… Grazas por facerme o traballo tan doado.

Agora, unha boa nova: esta é a última semana antes das desexadas vacacións e xa que vos esforzastes tanto neste tempo... vacacións anticipadas: non haberá máis tarefas! Selado

Podedes aproveitar esta semana para rematar de ler o libro de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López, que comezamos a ler na clase, lembrádesvos?

 

Se xa rematastes o libro, podedes dar unha volta pola biblio do cole e escoller un libro que vos guste, hai moreas e moi interesantes!

Tamén será unha semana para aproveitar e mandar as tarefas que poidades ter atrasadas.

Por último, familias lembrade que o martes 16 nos vemos no colexio nas horas que vos indiquei a través do Abalar Móbil.

Seguimos en contacto a través do correo electrónico e non vos esquezades que o mércores 17 nos vemos ás 17:30 na nosa videoconferencia!

Moreas de apertas,

Estefanía.

 

EDUCACIÓN FÍSICA

Esta semana quero compartir con todas e todos vós un pequeno vídeo con algunhas das actividades que fixéstedes durante o confinamento.

Distribuir contido