Primeiro

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE DO 1º NIVEL

O alumnado do 1º nivel traballou areo durante o trimestre pasado. Se queredes ver un pequeno resumo de todo o que fixeron premede na imaxe.

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?

 

 

A HORTA

Os/as nosos/as pequenos/as alquimistas do saber de 1º fixeron un descanso polo percorrido das letras e dos números para adentrarse no mundo da Terra.

Decidiron disfrutar dun día soleado para dedicarlle uns momentos á súa horta da escola.

Nin curtos/as nin preguiceiros/as colleron todos os apeiros necesarios para arrancar con mestría e moita arte as malas herbas e facerlle un lavado de cara en profundiade ao horto.

Provistos/as de sachos e de anciños os/as nosos/as artistas non dubidaron en ensuciar as mans e o que atoparon polo camiño para deixar un terreo digno de premios nas revistas máis prestixiosas de agricultura.

 

OS/AS BAILARÍNS/NAS DE 1º NIVEL

A arte de bailar non ten idade e o que require movemento e paixón aínda menos.

Os/as nosos/as bailaríns/nas de 1º de Primaria agasallaron á mestra Mercedes de MUS-E cuns pasos, cunha axilidade e elegancia sen parangón!

Con estes/as artistas temos a danza, a enerxía e a alegría aseguradas para sempre!!

AS GRAZAS QUEDAN PEQUENAS

MOITAS GRAZAS

ÁLVARO, ESTEBAN, LEIA, ALDARA, PACO, MIKAELA, XOEL, NORA, IRENE E MARTÍN POR ESTE CURSO.

NO TEMPO QUE ESTIVEN CON VOS APRENDIIN A SER MELLOR PERSOA, A TER MAIS DEDICACION POLA MIÑA PROFESIÓN E MELLORAR DÍA A DÍA.

NON PODO ESQUECERME DE VOS PAÍS E NAIS, POR ESTAR NESTE ANO TAN DURO E ATÍPICO LOITANDO POR UNHA NORMALIDADE NA ESCOLA, GRAZAS POR CONTAR CO VOSO APOIO E AXUDA.

E A MÓNICA, POR ESTAR AHÍ, CANDO TIVEN QUE MARCHAR E COIDAR TAN BEN DELES E DELAS.

UNHA APERTA ENORME

A PROFE MERCE 

Radio Saltamontes

Ola familias!! 

Este venres fomos os locutores da radio Saltamontes, adicámoslle unhas verbas á escritora Mª Victoria Moreno. Fixémolo moi ben!!! Risa

O álbum elixido (aid = 28) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

REVISTA ESCOLAR NÉBOA 2021

Aquí vos deixamos a nosa revista escolar Néboa, Nº 36, en formato dixital. Unha revista que, coma todos os anos, resultou ampla. Nada máis e nada menos que 196 páxinas de artigos que nenos e nenas elaboraron coas mestras e mestres. Parabéns polo traballo realizado!!! (Clica na imaxe para visualizala).

 

 

A Horta

Bo día!

Onte estivemos poñendo a horta a punto, arrincando as herbas e regando os cultivos.

Canto traballamos..!!!Guiño

 

A horta

Esta semana traballamos moito...Xa temos a horta preparada!!!Sorriso

Distribuir contido