Primeiro

CLUB DE LECTURA 2º TRIMESTRE

NO CLUB DE LECTURA DO 1º CICLO ESTAMOS A LER...

      

 NO CLUB DE LECTURA DO 2º CICLO ESTAMOS A LER...

 

 

 NO CLUB DE LECTURA DO 3º CICLO ESTAMOS A LER....

ENTERRO DA LAMPREA

Para quitarnos a decepción de non poder desfilar cos outros coles o venres, ocurriusenos, a ultimísima hora, participar no desfile do Enterro da Lamprea. Dábanos moita mágoa non poder lucir os nosos disfraces que tan bonitos nos quedaran. Así que, nin cortos nin preguiceiros, chamamos ao Concello que non nos puxo ningún inconveniente e, acto seguido, solicitamos a colaboración da ANPA para mobilizar a todas as familias. Foi unha xornada axetreada pero mereceu a pena. 

Decoramos o coche do mestre Fran e alí que nos presentamos no desfile. Foi unha xornada moi divertida, a pesares dalgún contratempo mentras desfilabamos que foi exitosamente disimulado grazas á axuda dos pais do alumnado que por alí estaban. MOITAS GRAZAS A TOD@S

 
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> DESFILE DA LAMPREA

CHOCOLATE CON ROSCA

Despois de tanto bailar é hora de papaaaaar!! A Anpa convidounos a chocolate con rosca na hora do recreo para recuperar forzas despois do ranchiño e así poder continuar coas actividades de entroido. Tocarialle o turno á lectura do testamento, queima do meco e gran fariñada, pero por mor do mal tempo houbo que cancelalas todas, unha mágoa. Polo menos desfrutamos dun rico chocolate quentiño...

Álbum: CURSO 23-24 -> CHOCOLATADA

DIA DA PAZ

O día 30 de xuño conmemorouse o Día da Paz e non Violencia. Para isto, ocorriusenos debuxar unha pomba enorme nun papel para logo enchela de plumas de cores. En cada unha destas plumas (unha para cada un de nós) escribimos palabras que estiveran relacionadas coa paz: amor, axuda, calma, paciencia... Ao final quedounos así de bonita e nós quedamos coa conclusión de que a paz ten que ser celebrada todos os días e que hai moitas formas de paz.

 

25N

O día 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e no CEP Carlos Casares decidimos facer un pequeno acto de homenaxe a todas esas mulleres que sufren ou sufriron algún tipo de maltrato. Baixo o lema #nontedeixespisar, saimos todos ao patio co calzado desparellado e un calcetín de cada cor. Aqui abaixo deixamos un vídeo da xornada pero non esquezades pasar pola nosa galería para vernos.

Queremos agradecer a Luis Quevedo, por vir desinteresadamente a pasar unha xornada con nós e prestarnos, tanto o seu dron como os seus coñecementos de edición de vídeo para crearnos este resumo da actividade.

 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> 25N

SALTO DA FOGUEIRA

Por causas alleas á escola (o que ven sendo, a chuvia), non puidemos saltar a fogueira o día do magosto. Levamos unha decepción tremenda, e por iso, unha semana máis tarde, cando deixou de chover e, aproveitando a celebración do concurso Coco-Alxén, os nosos mestres e mestras decidiron darnos unha sorpresa e preparar as fogueiras para saltar.

Que alegría cando nos demos conta de que a mestra Eva, moi disimuladamente sacaba os sacos de bullo para o patio!!! Ela pensaba que non nos deramos conta pero... non se nos escapa unha!!!

Comprobade aqui o ben que o pasamos!

Álbum: CURSO 23-24 -> SALTO DA FOGUEIRA

MAGOSTO

Alá polo San Martiño, celebramos na escola a xornada de xogos tradicionais e o magosto. Con esta damos comezo ás festas, celebracións e conmemoracións que, como poderedes comprobar ao longo de curso, non son poucas.

Queredes ver que ben o pasamos? Pois mirade o noso álbum.

Álbum: CURSO 23-24 -> MAGOSTO

1º DIA ESCOLA

O día 11 de setembro inauguramos un novo curso escolar. Estabamos todos desexosos de comezar, que nos deparará este curso? Que cousas aprenderemos? Ainda están por descubrir, pero seguro que serán interesantísimas!!!

Bótadelle un ollo á nosa galería para ver as nosas cariñas de ilusión.

Álbum: CURSO 23-24 -> 1º DÍA DE ESCOLA

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este 2º trimestre comezamos co “Apadriñamento lector”. Cada neno e nena de 1º ten un padriño/madriña (alumnado de 5º e 6º ) que lee con el ou ela. O alumnado de 5º e 6º xa é experto nisto do apadriñamento; fixérono nos primeiros días de colexio (setembro) para acompañalos na saída ata o bus e indicarlle a parada na que tiñan que baixar.

Clica na foto para ver máis imaxes desta actividade.

EN NADAL AGASALLA EN GALEGO

Coma cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega aportan ideas en canto a lecturas e xogos para que o alumnado do noso centro poida incluír nas súas cartas aos Reis Magos. Dende o CEP Carlos Casares desexámosvos boas festas e próspero aninovo.

 

Distribuir contido