Skip to Content

Complementarias

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

FESTIVAL DE NADAL

Ao día seguinte de recibir a visita dos Reis Magos e do Apalpador, tocou o turno de recibir a un montón de familias que fixeron un oquiño nas súas axenda para vir ver o noso festival de nadal! Houbo de todo, teatro, música e unha actuación sorpresa, os mestres e mestras subiron ao escenario a actuar!! (A eles failles ilusión que sigamos pensando que é sorpresa)Guiño.

Clicade aqui para ver fotos das actuacións.

 

 

Álbum: CURSO 23-24 -> NADAL

APALPADOR E REIS MAGOS

O tempo do Nadal estase achegando e con el, todas as visitas de gran importancia. Visitounos o Apalpador que nos contou cousas moi interesantes do Courel, zona de Galicia onde vive.

E despois do recreo apareceron As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!! Con moita ilusión lémoslles as nosas cartas esperando que sexan atendidas á volta das vacacións.

Pasade pola nosa galería para ver as imaxes dese día.

Querémoslle agradecer a nosa ANPA que fixera todas as xestións necesarias para tan ilustres visitas. MOITAS GRAZAS!

Álbum: CURSO 23-24 -> APALPADOR E REIS MAGOS

25N

O día 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e no CEP Carlos Casares decidimos facer un pequeno acto de homenaxe a todas esas mulleres que sufren ou sufriron algún tipo de maltrato. Baixo o lema #nontedeixespisar, saimos todos ao patio co calzado desparellado e un calcetín de cada cor. Aqui abaixo deixamos un vídeo da xornada pero non esquezades pasar pola nosa galería para vernos.

Queremos agradecer a Luis Quevedo, por vir desinteresadamente a pasar unha xornada con nós e prestarnos, tanto o seu dron como os seus coñecementos de edición de vídeo para crearnos este resumo da actividade.

 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> 25N

SALTO DA FOGUEIRA

Por causas alleas á escola (o que ven sendo, a chuvia), non puidemos saltar a fogueira o día do magosto. Levamos unha decepción tremenda, e por iso, unha semana máis tarde, cando deixou de chover e, aproveitando a celebración do concurso Coco-Alxén, os nosos mestres e mestras decidiron darnos unha sorpresa e preparar as fogueiras para saltar.

Que alegría cando nos demos conta de que a mestra Eva, moi disimuladamente sacaba os sacos de bullo para o patio!!! Ela pensaba que non nos deramos conta pero... non se nos escapa unha!!!

Comprobade aqui o ben que o pasamos!

Álbum: CURSO 23-24 -> SALTO DA FOGUEIRA

NADAL 2022

Pouco a pouco imos volvendo á normalidade e recuperando actividades que, por mor de todas as restricción COVID houbo que deixar de facer. Unha delas é o festival de nadal que este ano recuperamos con moitas ganas.

Houbo de todo, teatros, bailes, música, pero este ano, o noso novo mestre de música, Fran, ideou unha actuación con luces de cores, espectacular!! Mágoa que non teñamos ningunha foto decente dela, pero así, xa sabedes, o vindeiro ano vindes ver o noso festival!!

FELIZ 2023!

Álbum: CURSO 22 -23 -> NADAL

EXPOSICIÓN 2022

Unha das actividades que caracterizan ao noso centro é a exposición de obxectos, preferentemente antigos,  que estean relacionados co tema do proxecto anual. Durante este curso escolar, o tema escollido ten que ver coa meteoroloxía e chamámoslle "METEOALXÉN". Somos conscientes de que non era un tema doado pero, unha vez máis, as familias do noso alumnado pensaron moitísimo e, pensando, pensando, atoparon unha morea de obxectos para expoñer. Ao final quedounos unha exposición ben chula.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> EXPOSICIÓN METEOALXÉN

MAGOSTO NA ESCOLA

Seguindo a tradición, despois do concurso Coco -  Alxén, pasamos á Xornada de Xogos Tradicionais. Este anos, despois de varios de restriccións, puidemos volver a mesturarnos e facer grupos onde había nenos de todos os niveis. Que alegría ir podendo volver á normalidade!! 

Unha vez rematados os xogos, Karen e Estela asaron as castañas para o que pediron axuda a nosa Carmiña, que sempre se presta a axudarnos e, para rematar a xornada, saltamos a fogueira. Había dúas, unha máis grande para os maiores e outra máis pequeniña para os máis cativos da escola.

QUE NON SE PERDAN AS TRADICIÓNS!

(Na galería de fotos hai unha pequena escolma de fotografías dese día,  pasádevos por ela)

 

Álbum: CURSO 22 -23 -> MAGOSTO NA ESCOLA

COCO-ALXÉN 2022

O venres 11 de novembro celebramos na escola o noso xa tradicional concurso de cabazas chamado Coco -Alxén. Foron moitas as presentadas ao concurso, tantas, que o noso xurado tivo moi difícil a elección de gañadoras. 

Iso si, o premio especial levárono aquelas relacionadas co proxecto do cole, este ano "METEOALXÉN", no era un tema doado pero ainda así o noso alumnado deulle aos miolos e sairon cousas preciosísimas. Botádelle un ollo á nosa galería de fotos.

Álbum: CURSO 22 -23 -> COCO - ALXÉN

BENVIDO ENTROIDO 2022

Un ano máis chegou a época de entroido. O noso alumnado xa está en pleno proceso de deseño, creación e produción dos disfraces que levará o vindeiro venres 25 de febreiro, queredes saber de que serán este nao? Pois non vos perdades o noso desfile que, este ano será un pouco diferente. Iremos polas parroquias de Porto, Cabreira, Arantei e Alxén!! Que ganas temos de que chegue ese día!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut