Skip to Content

Complementarias

CARTA AOS REIS MAGOS

Unha actividade a realizar no derradeiro día de escola do trimestre é a lectura da xa tradicional carta ás súa maxestades os Reis Magos. Todo os niveis do cole, dende 1º ata 6º chegan a acordos para pedirlle aos Reis uns agasallos en compensación polo ben que se portan e o moito que traballan e sabedes que? Case sempre lles traen o que lles piden, por que será?

Aqui vos queda a carta deste curso, por se queredes escoitala.

BOA ESCOITA

Canción da Paz. Jesús Pareja

NADAL 2015

FELICITACIÓN NADAL 2015

ESCANEAA OS CÓDIGOS QR CREADOS POLO ALUMNADO DE 4º

Campionato de peóns. Xornada de portas abertas. Magosto 2015

O domingo 8 de novembro celebramos o xa tradional Magosto familar, que organiza conxuntamente o colexio e a ANPA do Carlos Casares.

Dentro das actividades programadas estaba facer un campionaro de peóns e José, pai de Lúa de 3º foi o encargado de organizalo.

O Claustro do CEP Carlos Casares, queremos expresarlle os noso agradecementos.

A continuación podedes visualizar unha montaxe con imaxes, cedidas por Paco, pai de Iván de 4º. Tamén queremos darlle as grazas pola súa xenerosidade, cedendo ao centro as fotos que saca nas diversas actividades celebradas no colexio.

 

ARTIGO PUBLICADO NO FARO DE VIGO, sobre a nosa exposición "A ADEGA"

O SÁBADO, NA SECCIÓN ESPECIAL CONDADO-PARADANTA, NO XORNAL  FARO DE VIGO, SAÍU PUBLICADO UN ARTIGO SOBRE A NOSA EXPOSICIÓN "A ADEGA". ACTIVIDADE QUE FORMA PARTE DO PROXECTO SALVATERRA DE VIÑO QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO CONXUNTAMENTE CO IES DE SALVATERRA.

O EDLG DO CEP CARLOS CASARES, EN NOME DE TODO O CLAUSTRO, QUEREMOS APROVEITAR ESTA OCASIÓN PARA DARVOS AS GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORASTES CON NÓS CEDÉNDONOS OS DISTINTOS ELEMENTOS QUE FORMAN AS EXPOSICIÓN. SEN A VOSA COLABORACIÓN, SERÍA IMPOSIBLE PODER MONTALA!!!!

 

TODAS AS ACTIIVDADES RELACIONADAS CO PROXECTO, IRÉMOLAS SUBINDO A UN BLOG QUE CREAMOS PARA COMPARTILAS CON TOD@S VÓS!

CONVITE AO MAGOSTO 2015. XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XA ESTAMOS NO OUTONO. A FESTA MÁIS IMPORTANTE DESTA ESTACIÓN SON OS MAGOSTOS: CASTAÑAS, XOGOS, MÚSICA, EXPOSICIÓNS,...

COMO CADA ANO, EN COLABORACIÓN COA ANPA DO CENTRO, ORGANIZAMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS: MAGOSTO 2015.

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!!!!

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

DENDE XA HAI UNS ANOS, CADA 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS, NO NOSO CENTRO O DÍA DE ROSALÍA, POR SER ÉSTA A DATA DO SEU NACEMENTO.

O ALUMNADO DE 6ºA FIXERON UN PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO.

    VARIOS ALUMNOS E MESTRES DO CENTRO PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE PROPOSTA POLA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut