Skip to Content

primeiro ciclo

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO E VISITA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º niveis fixemos unha saída para visitar o Salón do libro de Pontevedra.

Pasamos un día moi divertido lendo e participando en xogos propostos polas monitoras que nos mostraron o salón.

Rematamos o día comendo e xogando nun fermoso parque á beira do río.

Foi un día xenial!

Visita a nosa galería para ver as fotos máis destacadas dese día.

Álbum: CURSO 22 -23 -> SALÓN DO LIBRO

AIRIÑOS DE OUTONO

O alumnado de 1º nivel estréase na nosa radio escolar con este programa tan bonito de adiviñas, e palabriñas que aprenderon no que vai de curso. Traballaron moitísimo e aprenderon un montón! Estaban moi nerviosos e nerviosas pero fixérno xenial! Escoitádeos!

BOA ESCOITA

O MAGOSTO

Chega unha das festas máis esperadas do curso, O MAGOSTO! Como nos gusta esta celebración, COCO ALXÉN, a xornada de xogos populares, saltar a fogueira e sobre todo, as castañas asadas!! Moitas grazas ás nosas benqueridas Carmen, Estela e Karen.

O alumnado de 2º nivel fixo este programiña sobre o magosto que tamén será emitido na xornada de portas abertas que organiza a ANPA.

BOA ESCOITA

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado 2 de maio conmemorouse o día contra o acoso escolar. Mara, Mateo R., Nacho e Noa de primeiro nivel coa axuda da mestra Silvia, realizaron un programa de radio especial sobre o tema. Fixérono moi ben, a que si? Escoitádeos

BOA ESCOITA

MANUEL MARÍA (padriño da aula de 2º nivel)

O alumnado do 2º nivel ten como padriño de aula a Manuel María e como non tiñan moi claro quen era, máis alá de que era un escritor galego, decidiron investigar un pouquiño sobre el e adicarlle o programa de radio deste trimestre. Quedoulles moi bonito e ademaís fixérono moi pero que moi ben. Escoitádeos!!

BOA ESCOITA

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE DO 1º NIVEL

O alumnado do 1º nivel traballou areo durante o trimestre pasado. Se queredes ver un pequeno resumo de todo o que fixeron premede na imaxe.

A HORTA

Os/as nosos/as pequenos/as alquimistas do saber de 1º fixeron un descanso polo percorrido das letras e dos números para adentrarse no mundo da Terra.

Decidiron disfrutar dun día soleado para dedicarlle uns momentos á súa horta da escola.

Nin curtos/as nin preguiceiros/as colleron todos os apeiros necesarios para arrancar con mestría e moita arte as malas herbas e facerlle un lavado de cara en profundiade ao horto.

Provistos/as de sachos e de anciños os/as nosos/as artistas non dubidaron en ensuciar as mans e o que atoparon polo camiño para deixar un terreo digno de premios nas revistas máis prestixiosas de agricultura.

 

OS/AS BAILARÍNS/NAS DE 1º NIVEL

A arte de bailar non ten idade e o que require movemento e paixón aínda menos.

Os/as nosos/as bailaríns/nas de 1º de Primaria agasallaron á mestra Mercedes de MUS-E cuns pasos, cunha axilidade e elegancia sen parangón!

Con estes/as artistas temos a danza, a enerxía e a alegría aseguradas para sempre!!

COÑECEMOS A PARROQUIA DE ARANTEI

Hoxe, os ne@s de primeiro e segundo fomos de excursión. Pasámolo xenial!!!! Primeiro visitamos o Muíño da Salgada.

O  Señor Amador, avó de Lara de 3º e Hugo de 6º, púxoo en funcionamento e vimos como moía o millo.

 

 

 

 

 

 

 

Despois merendamos no centro cultural. As mamás de Cristian, Sabela, Javier e Xavi   G.  de 2º acompañáronnos durante a excursión e levaron biscoito. Tamén convidaron ás profes a café. MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!

 

Vimos lampreas vivas na casa de Rocío, unha ex- alumna do cole. Moitas grazas Paco e Julia, papás de Rocío por abrirnos a vosa casa e ensinarnos estes espectaculares animais. 

 

 

Para rematar esta fermosa xornada visitamos ADEGAS LA VAL onde fomos recibidos por Antonio e despois Ana contounos  o proceso de elaboración do viño e ensinounos a adega.  

RESULTADO DOS OBRADOIROS DE MANUALIDADES DO 1º CICLO

Por primeira vez nesta escola puxéronse en marcha de xeito experimental os obradoiros no 1º ciclo. De momento parece que funcionan moi ben..

Durante todo o primeiro trimestre @s nen@s máis pequen@s da escola estiveron traballando para decorar as corticeiras do seu corredor con meigas, gatos e bailaríns ataviados con traxes tradicionais, para aportar o seu pequeno gran de area ao proxecto do cole "O Folclore". Que vos parece? A nós parécenos que quedaron moi bonitos, non si?

Distribuir contido


by Dr. Radut