Quinto

Sexto

Sexto

PROGRAMA MÚSICA 6º

O alumnado de 6º nivel acompáñanos a dar un paseo pola orixe e evolución da música e dos instrumentos. Queredes saber cal foi oprimeiro instrumento musical da humanidade? Pois prestade moita atención e o descubriredes.

BOA ESCOITA

PROGRAMA DE E.F. PROXECTO DO CENTRO

Unha semana máis, o alumnado de 6º nivel presenta e dirixe este programa de radio, onde nos conta cal será o proxecto anual do centro para este curso.

BOA ESCOITA

 

PROGRAMA BENVIDA

Primeiro programa de radio do curso 23 - 24 de Radio Saltamontes, onde o alumnado de 6º da a benvida a todos e todas os que se incorporan por primeira vez á nosa escola.

BOA ESCOITA

ENTROIDO 2024

O día 9 de febreiro ten lugar o desfile pola rúas de Salvaterra xunto co alumnado do CRA A Lagoa o do CEIP de Leirado pero, chovendo como chovía, houbo que cambiar o lugar e, no canto de ser polas rúas do pobo, tivo que ser no pavillón de Leirado. Non quedou tan lucido pero non estivo mal... 

Álbum: CURSO 23-24 -> ENTROIDO

RANCHIÑO DE ENTROIDO

Pouquiño a pouco ímonoa achegando a outra das grandes celebracións no Casares, sabedes cal é? O ENTROIDO!!. Para dar comezo a esta festa, a Asociación Cultural A Feira de Salceda de Caselas, achegouse á nosa escola para mostrarnos o Ranchiño de entroido. Por se vos preguntades que é iso do Ranchiño, cóntamosvos. Son unas danzas tradicionaisque adoitaban bailarse na época do entroido. 

Candela, Mara e Gabriel de 2º, Mauro de 3º e Aldara de 4º, acompañados de Noelia (nai de Aldara) e de Rubén (pai de Mauro) deleitaronnos con estes bailes como podedes ver na nosa galería de imaxes

 
Álbum: CURSO 23-24 -> RANCHIÑO DE ENTROIDO

FESTIVAL DE NADAL

Ao día seguinte de recibir a visita dos Reis Magos e do Apalpador, tocou o turno de recibir a un montón de familias que fixeron un oquiño nas súas axenda para vir ver o noso festival de nadal! Houbo de todo, teatro, música e unha actuación sorpresa, os mestres e mestras subiron ao escenario a actuar!! (A eles failles ilusión que sigamos pensando que é sorpresa)Guiño.

Clicade aqui para ver fotos das actuacións.

 

 

Álbum: CURSO 23-24 -> NADAL

PIM - PAM EXPERIMENTA

Recordades que o curso pasado, o noso alumnado de 6º nivel foi invitado a participar nun programa-concurso da TVG? Nós atrevémonos con todo e alí que levamos aos nenos e nenas a Santiago sin saber moi ben que tiñan que facer. Só nos dixeran que era unha especie de concurso sobre ciencia e que debían levar roupa para cambiarse.

O caso é que unha vez que chegamos alí, gravamos o programa que se chamaba Pim-pam Experimenta, e nunca máis volvimos a saber nada, ata hai uns días que, navigando pola páxina web da RTVG atopamos con que xa se emitira!!! 

O alumnado participante xa non está no centro, pero seguro que lle saberedes facer chegar o enlace para que se poidan ver. Foi divertidísimo!! Aquí vos queda

SAIMOS NA TVG

O día 29 de novembro recibimos no centro dúas visitas. Unha delas eran os nenos e nenas do IES que, coma todos os anos, veñen ver a nosa exposición anual. Tiñamos tres obradoiros preparados: no primeiro, o noso alumnado de 6º nivel facía un pequeno percorrido por todos os recantos de "Lerias e enredos doutro tempo", no segundo e acompañados do mestre Fran, había un pequeno circuito con varios xogos tradicionais, birlos, bólas, rá, zancos... e no terceiro, situado na biblioteca, podía ver a exposición "Xoguetes esquecidos" e había preparado un obradoiro sobre a buxaina.

Pero a segunda visita foi a máis especial, e inesperada. Viu nada máis e nada menos que a TVG a facernos unha entrevista. Queredes ver ao noso alumnado de 6º desenvolvéndose coma verdadeiros expertos diante das cámaras? Sairon no programa A REVISTA do 29 de novembro, a partires do minunto 47:35 . Clicade na imaxe.

LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO

O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título "Lerias e enredos doutro tempo" e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.

Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.

Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, "Xoguetes Esquecidos" adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas....

Clicade na foto para ver máis.

Distribuir contido