Quinto

Sexto

Sexto

UNID@S SAIREMOS

Benquerid@s alumnado e familias!

Desde o claustro do CEP Carlos Casares decidimos realizar un pequeno vídeo para pórlle unha nota de cor a esta cuarentena e animarvos a que botedes unhas bailas connosco. A música corre a cargo da marabillosa banda compostelá Ruxe Ruxe.

Con moito cariño e desexos de que pronto volvamos camiñar unidas e unidos.

 

 
 
SAIREMOS UNID@S!

RADIO SALTAMONTES: ESPECIAL ENTROIDO

Bo día queridísima audiencia de Radio Saltamontes!

Como acabamos de pasar esta Semana Santa un tanto peculiar e temos algo de morriña das nosas festas tradicionais, esta semana traémosvos un programa emitido o 20 de febreiro polas nosas locutoras e locutores máis noveles, o alumnado de 1º curso!

Esperamos que vos guste tanto como a nós e desexamos que pronto poidamos celebrar de novo coa vosa compaña!

 

 
Boa escoita!

PROXECTO "ALXÉN POLO MUNDO" PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º (semana do 14 ao 17 de abril)

Ola a tod@s, que tal esta semana de descanso? Cómo van eses ánimos?

Esta semana propoñemos un proxecto diferente, non é unha viaxe a un lugar como tal, é unha viaxe pola vosa imaxinación.

Como xa sabedes no blog da biblioteca do cole hai varias recomendacións de libros que podedes ler online. (https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcarloscasares/blogdabiblioteca)

Como unha das rutinas propostas tanto para os nenos e nenas de quinto como de sexto é adicarlle 20-30 minutos ao día a lectura, seguro que lichedes moitos libros nas últimas semanas. Así que este proxecto está baseado nun libro de lectura.

Agardamos que disfrutedes moito.

Unha aperta, Ángela e Naiara

 

XUNT@S PODEMOS!!

Ola!! Como van eses ánimos? 

Xa empezan a chegar os poemas!!! Seguide enviando e os compartimos.

 

                                  Cibrán                                                                      Xián 

    

 

                      Javi                                                               Mario

  

 

                        Iria

 

 

VEÑAA!! QUE XA QUEDA MENOS!! APERTAS NENIÑ@S Beso

PROXECTO "ALXÉN POLO MUNDO" PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º (semana do 30 de marzo ao 3 de abril)

Ola a tod@s!! Como van eses ánimos?

Seguimos co noso proxecto “Alxén polo mundo”... esta semana viaxamos ao “Museo de Historia Natural de Londres”. Coñecedelo?

Agardamos que disfrutedes moito coas actividades.

 

Lembrade que non é necesario imprimir o documento. Enviade as tarefas ao email e poñede no asunto a que mestra vai dirixido e o voso nome (alumnado de quinto a Ángela pero a actividade de inglés a Naiara e o alumnado de sexto todas as actividades a Naiara)

Unha aperta moi grande das vosas titoras, Ángela e Naiara.

OBRADOIRO DE TEATRO

OLA A TODO/AS:

IMOS A DARLLE UN REPASIÑO A OBRA DE TEATRO "RA,RA,RA" E  FACER UN PEQUENO ENSAIO VIRTUAL.

PREMENDO NA IMAXE TENDES ALGUNHAS INDICACIÓNS.

ESPERO AS VOSAS GRAVACIÓNS. VIVA O TEATRO!!!!

 

Recordatorio para o alumnado de 6º e proposta para animarnos

Ola equipo!!!!

Como vai indo todo? Que vos está parecendo o proxecto desta semana? Agardo que estedes disfrutando e aprendendo moito.

Lembrade seguir coas rutinas diarias (escritura do voso diario de cuarentena, os vinte minutos de lectura ao día e estudar as palabras do concurso de ortografía) e ide enviando as tarefas ao email 3.ciclo.carlos.casares@gmail.com

Sabede que o sábado celebrouse o Día Internacional da Poesía? Convídovos a escribir un poema dando ánimos para sobre levar esta situación. Unha vez feitos, enviade o poema ao email e os compartimos aquí no blog. Pode ir acompañado dun debuxo. Comezo eu....

 

"Estamos tod@s en cuarentena,

pero non por iso imos morrer coa pena,

temos que ser positivos, 

xa que......"

 

Animadesvos a continuar? Ou facer un ao completo que sodes moi inxenios@s.

Veña, que xuntos sairemos desta!!! Pronto volveremos ás andadas, que se vos bota moito en falta!! Apertas virtuais para tod@s!!

 

PROXECTO "ALXÉN POLO MUNDO" PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º (semana do 23 ao 27 de marzo)

O proxecto Alxén polo mundo é un proxecto pensado para os alumnos de 5º e 6º de EP coa finalidade de aprender, xogar, utilizar as novas tecnoloxías das que dispomos, crear, coñecer e visitar outros lugares interesantes virtualmente, pero sobre todo, intentar sobre levar esta etapa tan complicada que nos tocou vivir, tanto alumnos como docentes e familias. 

 Con este proxecto tamén pensamos en facilitarvos ás familias o achegamento de tarefas, xa que consideramos que a diario pode chegar a ser estresante estar ao pediente de conseguir as tarefas, envialas e recibilas correxidas. 

 Somos conscientes que están a ser momentos duros para todos e non sabemos canto durará, polo que canto máis fácil vos poñamos as ferramentas máis doado será pasar este illamento.

 

Neste proxecto, cada semana viaxaremos a un lugar, onde pediremos unha serie de actividades que englobarán a maior parte das materias. Polo que as actividades que propoñenos no pdf adxunto deberán realizarse ao longo de toda esta semana.

 

Para levar a cabo ditas actividades, utilizade os recursos que dispoñades na casa, non vos preocupedes se algo non o podedes facer por non dispor de material (botarlle moita imaxinación, seguro que algo argallades…) Pero, sobre todo, disfrutade moito facéndoo, que vos axunden familiares, xa que o que pretendemos é entretervos aprendendo!

 

Pedimosvos na medida do posible que enviedes todas as actividades xuntas nun mesmo email para que a corrección sexa máis doada para nós (3.ciclo.carlos.casares@gmail.com) Lembrade que non é necesario imprimir o documento. Poñede no asunto a que mestra vai dirixido e o voso nome.

 

Unha aperta fortísima para todos os alumnos de 5º e 6º e para todas as familias.

 

NOTA INFORMATIVA

Ola de novo! Que tal? Espero que o estedes levando da mellor maneira posible.

Queríamos aclarar algunhas dúbidas que foron xurdindo nestes días. 

Non é necesario imprimir as tarefas, é aconsellable facelas nos vosos cadernos, posto que así é máis sinxelo facer un seguimento. 

Unha vez feita, todos e todas as que poidades, enviade unha foto da tarefa ao email 3.ciclo.carlos.casares@gmail.com poñendo a que mestra  vai dirixido e o voso nome.

Moitos e moitas de vós xa o estades facendo! Seguide así. 

Moitas grazas e perdoade as molestias que isto poida ocasionar.

Moito ánimo, apertas!!!

Horario con recomendacións de diferentes rutinas para estes días de cuarentena

Boas tardes, 

Consideramos que é moi importante que os nenos e as nenas teñan unha rutina no seu día a día, nesta situación complexa que estamos a vivir.

Ademais de facer tarefas do cole, é necesario o tempo de ocio e de exercicio físico. Na medida do posible é importante que adiquedes tempo a facer xogos en familia.

Debemos evitar crear sedentarismo, deste xeito é aconsellable que pasen pouco tempo diante das pantallas (televisión, videoxogos...). Tamén deben acostumarse a deitarse e levantarse a unha hora concreta como cando veñen á escola.

Adxuntamos esta imaxe dun horario orientativo que igual vos sirve de axuda para organizar o día a día, adaptandoo as vosas necesidades e situacións concretas. Esperamos que vos sexa de axuda.

Unha aperta moi grande, Ángela e Naiara

 

Distribuir contido