Skip to Content

Radio Saltamontes

RADIO SALTAMONTES: ESPECIAL ENTROIDO

Bo día queridísima audiencia de Radio Saltamontes!

Como acabamos de pasar esta Semana Santa un tanto peculiar e temos algo de morriña das nosas festas tradicionais, esta semana traémosvos un programa emitido o 20 de febreiro polas nosas locutoras e locutores máis noveles, o alumnado de 1º curso!

Esperamos que vos guste tanto como a nós e desexamos que pronto poidamos celebrar de novo coa vosa compaña!

 

 
Boa escoita!

DÍA MUNDIAL DA RADIO: A DIVERSIDADE

Vimos hoxe desde Radio Saltamontes cun programa que emitimos o 13 de febreiro, día mundial da radio.

Este programa foi pilotado polo alumnado de 5º e 6º curso e xirou en torno á diversidade. Que palabra tan bonita e enriquecedora verdade? E resulta que hai tanta diversidade como cousas podemos ver, tocar, sentir… pero no noso programa centrámonos en 3 eidos fundamentais.

En primeiro lugar falamos da diversidade cultural, e máis especificamente da diversidade lingüística. En Galicia isto da diversidade lingüística sóanos un chisquiño, pero ademais este ano grazas ao Proxecto Rush, tivemos a oportunidade de coñecer a riqueza lingüística doutros puntos de Europa. 

En segundo lugar, falamos sobre as familias diversas, porque familias hai moitas, case tantas como casas. No primiero trimestre tivemos a sorte de contar cunha exposición no centro titulada “Familias no hay más que muchas” da que aprendemos un montón sobre outros tipos de familias.Con relación a este tema, aproveitamos para recomendarvos desde aquí o libro “Familiario” de Marian Pérez-Duarte, e que aquelas familias socias da rede de bibliotecas de Galicia, poderedes desfrutar desde a súa app gratuíta eBiblio.

Por último e para rematar o programa, falamos da diversidade sexual, un termo que vén a dicir que existen moitas maneiras de sentirse e de expresarse, e que o máis importante e estar agusto con cada un/ha de nós, e por suposto, respectar sempre as preferencias dos demais.

Esperamos que vos guste moito o programa e que aprendades tanto coma nós aprendemos traballando nel.

 

BOA ESCOITA!

O DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro, con motivo do día da Paz, o alumnado de 3º preparamos un programa na clase de relixión. Nel reflexionamos sobre que é a paz, quen a constrúe e porque é tan importante. 

 
Boa escoita!

O NOSO PADRIÑO DE AULA: XOSÉ NEIRA VILAS

Bo día!

O 24 de xaneiro o alumnado de 6º emitimos un programa sobre o noso padriño de aula: Xosé Neira Vilas. Nel repasamos algúns datos interesantes sobre a súa vida e obra e lemos algún fragmento que de seguro vos é coñecido.

 

 
Boa escoita!

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O 17 de xaneiro o alumnado de 4º curso inauguramos a rolda de programas de Radio Saltamontes  que este trimestre versarán sobre os nosos padriños e madriñas de aula. Neste caso, o noso padriño de aula é Agustín Fernández Paz. 

 

 

Non perdades detalle sobre as curiosidades máis interesantes da súa vida e obra!

Boa escoita

RADIOSALTAMONTES DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

Desde Radio Saltamontes desexámosvos un Bo Nadal e próspero ano 2020. Desfrutade moito destas datas cos vosos seres queridos e... escoitámosnos á volta!

Programa especial: o Magosto

A pasada semana, o alumnado de 2º curso emitimos un programa ben completiño desde Radio Saltamontes! 

Este xirou arredor do Magosto e da castaña, para aprender un pouquiño sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Pero ademais, tamén aprendemos datos ben interesantes sobre a historia da castaña e algunha que outra curiosidade, repasamos o refraneiro, cantamos cantigas e até partillamos unha receita ben suculenta das filloas de castaña. Só de volver a escoitala xa se nos fai a boca auga... 

 

Collede lapis e papel que este programa éche do máis interesante!

 

Boa escoita!

 

O NOSO PROGRAMA MÁIS INTERNACIONAL

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut