Skip to Content

Blog da biblioteca

DÍA MUNDIAL DO ACOSO

O 2 de maio foi o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a moitos nenos e nenas en todo o mundo. As consecuencias do acoso a longo prazo son preocupantes, sobre todo a nivel psicolóxico. Nenos/as que non queren ir á escola por non ter que enfrontarse ao seu acosador/a ou acosadores, nenos e nenas que teñen terrores nocturnos e non poden durmir a consecuencia do acoso ou bullying e nenos e nenas que atentan coa súa vida polo moito que sofren.

Dende o CEP Carlos Casares queremos erradicar esta lacra concienciando á comunidade educativa traballando o acoso a nivel de centro. O alumnado de 3º de Relixión traballou nun programa de radio especial Día do acoso e os colaboradores seleccionaron e recomendaron libros dende a biblioteca para tratar o tema. Ademais traballamos de 3º a 6º a curtametraxe “El sánwich de Mariana”.

        

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Unha promesa, unha aventura, un regalo... Hai poucos obxectos que sexan tantas cousas coma un libro. Os libros están cheos de coñecemento, ledicia, solidariedade, beleza, imaxinación, creatividade, liberdade, vida... Os libros son luz e o alumnado de 6º quixo levar esa luz máxica a todos os nenos e nenas do centro contando o conto "LEOTOLDA" da escritora Olaga de Dios, con marionetas e luz ultravioleta. Resultou todo un espectáculo!! Parabéns nenos e nenas de 6º!!!. PULSAR NA IMAXE PARA VER FOTOS.

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

Como xa todos e todas sabedes, o día 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é LUISA VILLALTA, escritora coruñesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa e titulada superior en Violín, que foi membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Finou o día 6 de marzode 2004  por unha meninxite.

Se queredes investigar máis sobre esta autora, irémosvos deixando por aqui unha serie de recursos aos que podedes botar unha ollada.

VISITA DOS AUTORES AO CENTRO

Todos os anos arredor do día do libro  visitan o cole un autor e unha autora galega . Desta volta os elexidos son RAMÓN D. VEIGA E PAULA CARBALLEIRA. Esperámolos con moita ilusión.

 

   

     

 

LECTURAS AO SOL

 Coa chegada do bo tempo quitamos os libros para ler á sombra das árbores do centro. Son os colaboradores da biblioteca os encargados da elección dos libros así como de sacar a caixa e a cesta coas mantiñas e coxíns.

Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos desta actividade

 

DÍA DA POESÍA

O pasado día  21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado  elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de  montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.

 

DÍA DA MULLER DENDE A BIBLIOTECA

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do  Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut