O día 9 de febreiro ten lugar o desfile pola rúas de Salvaterra xunto co alumnado do CRA A Lagoa o do CEIP de Leirado pero, chovendo como chovía, houbo que cambiar o lugar e, no canto de ser polas rúas do pobo, tivo que ser no pavillón de Leirado. Non quedou tan lucido pero non estivo mal...
Pouquiño a pouco ímonos achegando a outra das grandes celebracións no Casares, sabedes cal é? O ENTROIDO!!. Para dar comezo a esta festa, a Asociación Cultural A Feira de Salceda de Caselas, achegouse á nosa escola para mostrarnos o Ranchiño de entroido. Por se vos preguntades que é iso do Ranchiño, cóntamosvos. Son unas danzas tradicionaisque adoitaban bailarse na época do entroido.
Candela, Mara e Gabriel de 2º, Mauro de 3º e Aldara de 4º, acompañados de Noelia (nai de Aldara) e de Rubén (pai de Mauro) deleitaronnos con estes bailes como podedes ver na nosa galería de imaxes
O día 30 de xuño conmemorouse o Día da Paz e non Violencia. Para isto, ocorriusenos debuxar unha pomba enorme nun papel para logo enchela de plumas de cores. En cada unha destas plumas (unha para cada un de nós) escribimos palabras que estiveran relacionadas coa paz: amor, axuda, calma, paciencia... Ao final quedounos así de bonita e nós quedamos coa conclusión de que a paz ten que ser celebrada todos os días e que hai moitas formas de paz.
O 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Paz e Non Violencia. O alumnado colaborador da biblioteca montou un recanto de libros relacionados con dita temática. Tamén fixeron un mural con imaxes e información sobre diferentes persoas que litaron pola paz no mundo. Este día, durante o recreo, na biblioteca fixemos un obradoiro de confección de pombas da paz.
Co aninovo, chega un novo calendario do CEP Carlos Casares. Esta é unha actividade moi esperada por todos, alumnado, docentes e familias. Durante o primeiro trimestre, as familias envían ao centro fotos relacionadas co tema dese curso e, unha vez clasificadas, o alumnado redactará os pés de foto que as acompañan en cada mes do calendario. O último día de clase do ano, entrégase un por familia para decorar a parede ata o vindeiro ano. Non é por nada, pero este ano quedounos ES-PEC-TA-CU-LAR!!!! Mirádeo
Clicade no arquivo adxunto se queredes velo a pantalla completa.
Ao día seguinte de recibir a visita dos Reis Magos e do Apalpador, tocou o turno de recibir a un montón de familias que fixeron un oquiño nas súas axenda para vir ver o noso festival de nadal! Houbo de todo, teatro, música e unha actuación sorpresa, os mestres e mestras subiron ao escenario a actuar!! (A eles failles ilusión que sigamos pensando que é sorpresa).
O tempo do Nadal estase achegando e con el, todas as visitas de gran importancia. Visitounos o Apalpador que nos contou cousas moi interesantes do Courel, zona de Galicia onde vive.
E despois do recreo apareceron As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente!!! Con moita ilusión lémoslles as nosas cartas esperando que sexan atendidas á volta das vacacións.
O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía, baixo o lema #oamordapatriagalega, dende o noso centro quixemos celebralo así:
MURAL DE 2º NIVEL DE EP
MURAL DE 4º NIVEL DE EP
MURAL 1º NIVEL DE EP
Sabíades que Rosalía de Castro ten unha estrela que leva o seu nome? Forma parte da constelación de OFIUCO e vai asociada a un planeta, igual que a lúa é unha estrela do planeta Terra, Rosalía de Castro é unha estrela do planeta Río Sar...
O alumnado do 2º nivel, ademáis do mural, decidiu gravar un pequeno vídeo recitando o poema "Has de cantar meniña gaiteira..."
Os alumnos e alumnas de 3º nivel gravaron un audio recitando o poema "Adeus ríos, adeus fontes..."
E por último, o alumnado do 3º ciclo, os máis maiores da escola, graváronse baixo a chuvia para recitar o poema "Adeus ríos, adeus fontes..."
Recordades que o curso pasado, o noso alumnado de 6º nivel foi invitado a participar nun programa-concurso da TVG? Nós atrevémonos con todo e alí que levamos aos nenos e nenas a Santiago sin saber moi ben que tiñan que facer. Só nos dixeran que era unha especie de concurso sobre ciencia e que debían levar roupa para cambiarse.
O caso é que unha vez que chegamos alí, gravamos o programa que se chamaba Pim-pam Experimenta, e nunca máis volvimos a saber nada, ata hai uns días que, navigando pola páxina web da RTVG atopamos con que xa se emitira!!!
O alumnado participante xa non está no centro, pero seguro que lle saberedes facer chegar o enlace para que se poidan ver. Foi divertidísimo!! Aquí vos queda