Quinto

Sexto

Sexto

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe, día 8 de outubro realizouse no patio da escola o acto de inauguración da biblioteca

escolar. Actuaron como pregoeiras Isabel, Gema e Maite e como tamborileiro Javier.

 

 

 

 

 

 

 

 

A partires de hoxe, a biblioteca estará aberta para intercambio de libros os recreos dos martes e dos xoves!

Que os libros vos acompañen!!

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Hoxe, día 21 de xuño foi o derradeiro día de curso. E coma todos os anos fomos de excursión para celebralo. Este ano tocou coñecer o interior de Galicia. Despois dunha longa viaxe en autobús, no que algún case morre de fame, (hai que ver de que xeito nos abren o apetito as excursións!!, non o podedes imaxinar...) e unha camiñata de polo menos 20km!! Bueno, seguro que non foron tantos pero a nós pareceunos, sobre todo á subida, chegamos á FERVENZA DO TOXA, espectacular!!

Despois visitamos o MOSTEIRO DE CARBOEIRO e baixamos á súa cripta. Alí os monitores explicáronnos que un cantante moi coñecido gravara un videoclip e ensinounolo ao saír. 

Despois de comer fomos visitar a PONTE DO DEMO onde nos contaron unha lenda moi curiosa sobre a súa orixe, e por último estivemos tomando un xeado e xogando nos columpios da Área de Lecer de Vila de Cruces.

Chegamos moi cansos e cansas pero mereceu a pena polo ben que o pasamos.

Agora queridos nenos e nenas, desfrutade moito do verán, xogade, ide a praia ou ao río, saltade, correde pero sobre todo,

SEDE MOI FELICES!!!

Vémonos en setembro, unha aperta moi forte para todos e todas.

 

DESPEDIDA DE 6º

Programa de radio de despedida do alumnado de 6º nivel. Nel, os nenos e nenas quixero facer un pequeno repaso pola súa andaina nesta escola. Cantos recordos levan... e deixan...

Que vos vaia moi ben e volvede cando queirades!!! As portas do CEP Carlos Casares estarán sempre abertas para vós.

 

DENSIDADES

O alumnado do 3º ciclo investigou sobre densidades na sesión de club de ciencia do mes de maio. Esta foi a ficha que tiveron que completar coas suas averiguacións.

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Hoxe, día 16 de maio celebramos na nosa escola o día das letras galegas cun fermoso festival onde participou todo o alumnado do centro.

Durante estas últimas semanas os nenos e nenas de todos os niveis estiveron preparando, con axuda das súas mestras, as súas actuacións. E por fin chegou o día do estreno. Ás 11 da mañá daba comezo o festival. Se volo perdestes, aqui vos deixamos unha pequena mostra para poñervos os dentes longos e que o vindeiro ano veñades a vernos!!!

 

SOCIOGRAMA

A inicio de curso, as titoras de 5º e 6º pasámoslle ao alumnado un cuestionario co obxectivo de coñecer as interaccións sociais existentes entre o alumnado de cada unha das aulas. 

Concurso de fotografía matemática

Máis dun 50% do alumnado de sexto participou este curso no VI Concurso de Fotografía Dixital Matemática convocado polo IES de Salvaterra de Miño.

Aí van algúns exemplos das fotografías enviadas. Agardamos os resultados!

 

Concursos de ortografía

No terceiro ciclo realizamos un concurso de ortografía en Lingua Galega (10 de abril) e realizremos outro de Lingua Castelá o 29 de maio. Cada un deles está formado por 100 alabras con algunha dificultade ortográfica.

 

 

Distribuir contido