Quinto

Sexto

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Hoxe, día 21 de xuño foi o derradeiro día de curso. E coma todos os anos fomos de excursión para celebralo. Este ano tocou coñecer o interior de Galicia. Despois dunha longa viaxe en autobús, no que algún case morre de fame, (hai que ver de que xeito nos abren o apetito as excursións!!, non o podedes imaxinar...) e unha camiñata de polo menos 20km!! Bueno, seguro que non foron tantos pero a nós pareceunos, sobre todo á subida, chegamos á FERVENZA DO TOXA, espectacular!!

Despois visitamos o MOSTEIRO DE CARBOEIRO e baixamos á súa cripta. Alí os monitores explicáronnos que un cantante moi coñecido gravara un videoclip e ensinounolo ao saír. 

Despois de comer fomos visitar a PONTE DO DEMO onde nos contaron unha lenda moi curiosa sobre a súa orixe, e por último estivemos tomando un xeado e xogando nos columpios da Área de Lecer de Vila de Cruces.

Chegamos moi cansos e cansas pero mereceu a pena polo ben que o pasamos.

Agora queridos nenos e nenas, desfrutade moito do verán, xogade, ide a praia ou ao río, saltade, correde pero sobre todo,

SEDE MOI FELICES!!!

Vémonos en setembro, unha aperta moi forte para todos e todas.