Boas novas!

 

Bo día!! Sorriso

Hoxe teño varias cousas que dicirvos.

En primeiro lugar e o máis importante: un GRAZAS moi grande a vós: campións e campioas que non deixastes de esforzarvos nin un só segundo durante esta etapa complicada que vos tocou vivir. Estou moi moi orgullosa de vós. Lembrades que ao comezo de curso vos dixen que me contaran que me tocara a mellor clase de todas? Pois non podían ter máis razón, canto aprendín convosco!! Risa

 

 

En segundo lugar, outro GRAZAS ben grande para vós: as familias. Polo esforzo tan grande que fixestes durante este tempo todo: cooperando en todo momento coa escola, axudando aos cativ@s, mandando as tarefas… Grazas por facerme o traballo tan doado.

Agora, unha boa nova: esta é a última semana antes das desexadas vacacións e xa que vos esforzastes tanto neste tempo... vacacións anticipadas: non haberá máis tarefas! Selado

Podedes aproveitar esta semana para rematar de ler o libro de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas de Iago López, que comezamos a ler na clase, lembrádesvos?

 

Se xa rematastes o libro, podedes dar unha volta pola biblio do cole e escoller un libro que vos guste, hai moreas e moi interesantes!

Tamén será unha semana para aproveitar e mandar as tarefas que poidades ter atrasadas.

Por último, familias lembrade que o martes 16 nos vemos no colexio nas horas que vos indiquei a través do Abalar Móbil.

Seguimos en contacto a través do correo electrónico e non vos esquezades que o mércores 17 nos vemos ás 17:30 na nosa videoconferencia!

Moreas de apertas,

Estefanía.