Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
03/03/24

Recordades que o curso pasado, o noso alumnado de 6º nivel foi invitado a participar nun programa-concurso da TVG? Nós atrevémonos con todo e alí que levamos aos nenos e nenas a Santiago sin saber moi ben que tiñan que facer. Só nos dixeran que era unha especie de concurso sobre ciencia e que debían levar roupa para cambiarse.

O caso é que unha vez que chegamos alí, gravamos o programa que se chamaba Pim-pam Experimenta, e nunca máis volvimos a saber nada, ata hai uns días que, navigando pola páxina web da RTVG atopamos con que xa se emitira!!! 

O alumnado participante xa non está no centro, pero seguro que lle saberedes facer chegar o enlace para que se poidan ver. Foi divertidísimo!! Aquí vos queda

Etiquetas:
Por admin
03/03/24

Dentro das xornadas de plan director, recibimos na escola a visita da garda civil para darnos unha charla sobre seguridade vial. Aprendimos como camiñar con seguridade polas rúas, estando moi atentos ás saídas dos garaxes, como debemos transportar ás mascotas nos coches e moitas cousas máis.

Tamén nos deixaron subir ao furgón e poñer a serea, foi super divertido.

Pasade pola nosa galería para ver as imaxes dese día.

Etiquetas:
Por admin
03/03/24

O día 29 de novembro recibimos no centro dúas visitas. Unha delas eran os nenos e nenas do IES que, coma todos os anos, veñen ver a nosa exposición anual. Tiñamos tres obradoiros preparados: no primeiro, o noso alumnado de 6º nivel facía un pequeno percorrido por todos os recantos de "Lerias e enredos doutro tempo", no segundo e acompañados do mestre Fran, había un pequeno circuito con varios xogos tradicionais, birlos, bólas, rá, zancos... e no terceiro, situado na biblioteca, podía ver a exposición "Xoguetes esquecidos" e había preparado un obradoiro sobre a buxaina.

Pero a segunda visita foi a máis especial, e inesperada. Viu nada máis e nada menos que a TVG a facernos unha entrevista. Queredes ver ao noso alumnado de 6º desenvolvéndose coma verdadeiros expertos diante das cámaras? Sairon no programa A REVISTA do 29 de novembro, a partires do minunto 47:35 . Clicade na imaxe.

Etiquetas:
Por admin
03/03/24

O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título "Lerias e enredos doutro tempo" e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.

Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.

Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, "Xoguetes Esquecidos" adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas....

Clicade na foto para ver máis.

Etiquetas:

25N

Por admin
01/03/24

O día 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e no CEP Carlos Casares decidimos facer un pequeno acto de homenaxe a todas esas mulleres que sufren ou sufriron algún tipo de maltrato. Baixo o lema #nontedeixespisar, saimos todos ao patio co calzado desparellado e un calcetín de cada cor. Aqui abaixo deixamos un vídeo da xornada pero non esquezades pasar pola nosa galería para vernos.

Queremos agradecer a Luis Quevedo, por vir desinteresadamente a pasar unha xornada con nós e prestarnos, tanto o seu dron como os seus coñecementos de edición de vídeo para crearnos este resumo da actividade.

 
 
Etiquetas: