Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
31/05/23

Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!

Etiquetas:
Por admin
29/05/23

O alumnado de 6º estivo traballando no libro de Carlos Casares, "Un polbo xigante". O resultado final de varios días de traballo en grupo, foi esta marabillosa banda deseñada. Aquí volo deixamos para que o desfrutedes.

 

 

Etiquetas:
Por admin
25/05/23

Con motivo do día "Mundial da Radio", o día 13 de febreiro o alumnado de 6º nivel foi a o CUVI, para facer un programa de radio. Os días anteriores elaboramos un guión que tiña como tema a resolución de conflitos e a meteoroloxía, para iso gravamos aso nos@s av@s, contándonos as súas anécdotas, refráns...

 

Etiquetas:
Por admin
03/04/23

A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S"  da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.

Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5874330?t=1277?t=1279

 Este é o seu decálogo.

Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.

1º CICLO

    

2º CICLO

     

3º CICLO

      
 
Etiquetas:
Por admin
03/04/23

Pouco a pouco imos volvendo á normalidade e recuperando actividades que, por mor de todas as restricción COVID houbo que deixar de facer. Unha delas é o festival de nadal que este ano recuperamos con moitas ganas.

Houbo de todo, teatros, bailes, música, pero este ano, o noso novo mestre de música, Fran, ideou unha actuación con luces de cores, espectacular!! Mágoa que non teñamos ningunha foto decente dela, pero así, xa sabedes, o vindeiro ano vindes ver o noso festival!!

FELIZ 2023!

Etiquetas: