Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
11/10/22

O día 5 de outubro inaugurouse a tempada de actividades extraescolares do curso 22 - 23.

Estes/as nen@s pasarán á historia por ser @s primeiros en usar o que será o comedor da escola. Estrean mesas, cadeiras, electrodomésticos, espazo, compañeir@s e mestras. Que sorte teñen!!!

A primeira recita que fixeron foi "Rolos de chocolate" e estaba deliciosa!!

Etiquetas:
Por admin
20/09/22

Unha das cousas que máis medo lle da aos nenos que chegan novos á nosa escola (e ás familias tamén para que negalo) é a volta a casa no autobús escolar. No CEP Carlos Casares temos todo previsto e para que vaian máis tranquilos o alumnado de sexto nivel, que xa son expertos, acompañanos os primeiros días para ensinarlles cal é a parada na que teñen que baixar. 

 

Etiquetas:
Por admin
14/09/22

Por fin chegou o tan esperado día de regreso á escola. Nós, os mestres e mestras do CEP Carlos Casares estabamos desexando vervos de novo. Ver as vosas cariñas de incertidume por saber quen será o voso titor ou titora é marabilloso.

Ese día, todos o claustro do cole sae a recibirvos e a nosa directora Sonia da un pequeno discurso de benvida mentras vós esperades acompañados das vosas familias.

Este ano ocorriusenos sacar fotos dese momento, non o facemos nunca e sempre se bota de menos a final de curso ver todo o que cambiastes dende o comezo.

Aqui as tedes.

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
12/07/22

Este curso aproveitamos o obradoiro de cociña para practicar o inglés. A mestra Belén ensinounos a facer unha deliciosa sobremesa. Ademais de practicar a lingua inglesa, tamén traballamos contidos propios das matemáticas: masas, volumes, tempos, capacidade, temperatura. Ata tivemos que desafiar algunha lei física: como escachar un ovo sen tirar con todo, nin romper nada?Risa.

Mesmo practicamos o ritmo fóra das clases de música... Quen dixo que bater ovos fora doado?

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
27/06/22

No proxecto de estudo da vida e obra do padriño da aula, Xosé Neira Vilas, o alumnado de 6º montaron un panel interactivo no que a información estaba en distintos formatos: escrita, ilustrada, e con audios. Para reproducir os audios é eciso pulsar nunhas zonas ás que chegan unha cinta condutiva, que activa unha placa arduíno. Os audios foron gravados polo propio alumnado co Audacity. 

Unha vez rematado o cartaz tiveron que facer a exposición ao resto do alumnado do colexio.

Etiquetas: