Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
08/01/23

Queredes escoitar algunha lenda interesante e algunha outra terrorífica de Galicia? Non vos perdades este prograna realizado polos nosos compañeiros e compañeiras de 5º nivel. Escoitade moi atentos á lenda de Paula...

BOA ESCOITA 

Etiquetas:
Por admin
02/12/22

Os xoves en MUSE, estamos preparando actividades coa profe Mercedes para traballar cos alumnos de Alemania.

 

Etiquetas:
Por admin
03/11/22

O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 4º e 5º

A actividade foi impartida e dirixida pola artista Mercedes Prieto e o músico e bailador Serxio Covos. foi moi interesante e desfrutamos moito coas músicas de diversos países. Pasámolo Xenial!!nivel participaron na actividade de clausura do Proxecto MUS-E que se desenvolveu durante estes tres últimos cursos.

Grazas a Mercedes e a Serxio pola súa maestría sobre o escenario.

     

 

 

Etiquetas:
Por admin
03/11/22

O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado do 3º ciclo partcipou no concurso de Ciberseguridade.

Participamos con dous grupos, un de 5º nivel e outtro de 6º nivel. Para ser máis eficaces seleccionáronse uns voceiros para cada grupo. O equipo de 5º nivel estaba representado por Sara e Álex e o de 6º por Valeria, Iria e Aixa I.

O equipo de 5º quedou ás portas de ser finalista. De 75 participantes, quedaron en 4º lugar. Parabéns aos dous equipos polo seu magnífico traballo. Tamén queremos agradecer ao mestre Pablo a súa colaboración.

A pesares de non quedar dentro dos finalistas, imos estudar a posibilidade de poder participar nas actividades que están programadas na Cidade da Cultura en Compostela os días 9 e 10 de novembro.

Etiquetas:
Por admin
27/10/22

Este trimestre os nenos e nenas de 6º nivel estamos traballando diferentes tipos de intencións comunicativas. Para interiorizar dun xeito divertido estes contidos, decidimos facer uns anuncios publicitarios.

Son fantásticos! A verdade é que inventamos uns artigos espectaculares, mágoa que aínda non estean á venda para poder mercalos...

Etiquetas: