Skip to Content

Club de ciencia

CLUB DE CIENCIAS 2020/2021

UN ANO MÁIS, PASÁMOLO DE MEDO  FACENDO NOVOS EXPERIMENTOS.

NO ARQUIVO ADXUNTO, ATOPAREDES UNS EXEMPLOS DAS MOITAS COUSAS QUE FIXEMOS.

DISFRUTADE.

CLUB DE CIENCIA 12 DE XUÑO

O pasado 12 de xuño tivo lugar a derradeira sesión por este curso do club de ciencia para o 1º ciclo. Da man da mestra Belén aprendimos cousas sobre o peso, a forza, a evaporación e a capilaridade do papel, conseguindo clavar unha palliña de refresco nunha pataca, ten truco eh!! que un folio aguantara o peso dun taco de plastilina, e que uns espaghettis soportaran o peso dunha grampadora!!

Tamén, grazas ao experimento da auga que camiña que fixeramos con Sonia na sesión anterior, aprendimos o que é a evaporación, e por último fixemos florecer unhas flores de papel que nos quedaron chulísimas!!

Mirade o ben que o pasamos, ata o vindeiro ano!! 

CLUB DE CIENCIA

Xa para rematar co proxecto do Club da Ciencia, o 29 de maio o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a derradeira sesión. Danos moita pena que a nosa relación cos experimentos chegue ao seu fin, pero de seguro que o curso que ven imos repetir. Fixemos varios experimentos curtiños pero moi divertidos nos que traballamos a tensión superficial da auga e as reaccións químicas:

Cantas gotas de auga pode soportar enriba unha moeda sen que se desborden? 

As rollas que flotan unidas:

 Reacción Química (A cáscara de limón que pode facer explotar un globo)

 O Volcán

CLUB DE CIENCIA

Como o pasamos tan ben na primeira sesión do Club de Ciencia, quixemos repetir. Desta volta, fixemos dous experimentos moi divertidos e coloridos:

O Arco da Vella de auga dóce

 

 

A Lámpada de Lava

 

CLUB DE CIENCIA

Ao longo deste curso, no noso cole fixemos varias sesións relacionadas cos experimentos, englobadas dentro do proxecto do Club da Ciencia. Na primeira sesión, levada a cabo o 13 de febreiro fixemos dúas actividades ben divertidas dos que vos deixamos algunhas fotiños: 

O fluido non newtoniano

 

O equilibrista

DENSIDADES

O alumnado do 3º ciclo investigou sobre densidades na sesión de club de ciencia do mes de maio. Esta foi a ficha que tiveron que completar coas suas averiguacións.

 

 

 

CLUB DE CIENCIA 15 DE MAIO

Nesta nova edición do club de ciencia fixemos cousa moi divertidas e espectaculares. Primeiro, fixemos "camiñar" a auga, vos sabiades que a auga camiña? Nós non tiñamos nin idea, para iso collimos sete vasos e enchimos de auga 3 deles, os que ocupaban as posicións impares e botámoslles colorante alimentario vermello, azul e amarelo, os unimos mediante anacos de papel e deixamos que estes anacos se empaparan de auga, mirade o vídeo para ver que pasou.

Despois, houbo que mover unha taza de porcelana cun globo, pero sen usar as mans, que responsabilidade, non podiamos romper as tazas!! eran as do almorzo das nosas mestras, que farían despois!!

E por último tivemos que inflar un globo sen soplar, como credes que o fixemos? Pois usando vinagre e bicarbonato nunha botella que tapamos co globo, e ao xuntarse estas dúas substancias desprenden un gas que ocupa espazo, pero como non ten para onde ir métese dentro do globo e o infla.

Que nos terán preparado na vindeira sesión? Descubrirémolo proximamente...

 

 

SEMANA DA CIENCIA NO IES SALVATERRA DE MIÑO

O día 10 de abril o alumnado de 4º e 5º nivel foi invitado a participar na SEMANA DA CIENCIA que todos os anos organiza o IES Salvaterra de Miño.

Este ano, estaba adicada ao tema da alimentación a través dos tempos. Así, aprenderon cousas moi interesantes sobre o que comían as antigas civilizacións que poboaron o planeta. Pero tamén había outro tipo de experimentos e actividades: para que serve o composteiro, que é o BIG DATA, os encoros do Miño, papiroflexia... E todo moi ben explicado polos rapaces e rapazas do IES, que ademais, moitos deles foron antigos alumnos nosos. PARABÉNS! Un placer compartir esta xornada con vós!!

 

COMPOSTAXE, CLUB DE CIENCIA 9 DE ABRIL

O pasado 9 de abril viñeron de Revitaliza Compostaxe a dar unha charla sobre compostaxe, que nos viu moi ben para saber como podemos poñer en marcha o noso composteiro. Como ao alumnado mais pequeno a charla se lles facía moito, trouxeron "O XOGO DA MIÑOCA",  unha versión do xogo da oca para aprender moitas cousas sobre o tema da charla.

 

 

O NOSO HORTO

Por se fora pouco todo o que facemos neste centro, ocorrreusenos montar un HORTO no patio da nosa escola coa axuda do Concello. Chamamos a un carpinteiro que nos puxo uns tablóns para delimitalo, e como nós todo o facemos ao grande, quedou ENORME!! Tamén trouxeron unhas pedras para facer uns camiños que entre todos fomos levando e colocando no sitio. As nosas mestras, solicitaron unhas xornadas de formación para poder axudarnos e resulta que lles dixeron que a época para plantar era agora, así nos puxemos mans á obra. Dividiron o horto en seis partes, unha para cada nivel, e alá que saimos todos por turnos a plantar os nosos produtos. Non sabemos que sairá do que plantamos, pero... imaxinade por un momento que todo vai para adiante, teremos fresas, leituga, escarola, chirivías (alguén viu unha algunha vez?) patacas, tomates... Nós vámolo coidar con moito cariño...

Prometemos invitar a merendar!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut