Skip to Content

Proxectos

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MAGOSTO FAMILIAR

NADAL FAMILIAR 2018

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS

PROGRAMA "A REVISTA" DA TVG EN DIRECTO DENDE O CEP CARLOS CASARES

O pasado luns 3 de decembro, a TVG estivo no noso cole por mor da exposición sobre o Folclore Galego que fixemos este ano. Parte do alumnado de 6º nivel foron os encargados de explicala e de falar coa presentadora do programa A Revista que emitiu en directo as explicacións de Lúa, Darío, Antía, Jorge e Javier. Estaban moi nerviosos pero o fixeron XENIAL!! PARABÉNS nen@s!!!

Preme na imaxe se queres ver o programa completo.

ARTIGO DO FARO DE VIGO "O FOLCLORE GALEGO. EIXO DA EXPOSICIÓN DO COLEXIO CEP CARLOS CASARES

Como xa sabedes, este ano a nosa exposición anual foi sobre o tema do "Folclore". Trouxestes tantas cousas e quedounos tan xeitosa que o Faro de Vigo publicou un artigo para mostrarlle á sociedade as cousas tan chulas que se fan no cole de Alxén. Moitas grazas familias! Sen vós non sería posible!!

VISITA DO IES AO NOSO CENTRO

Todos os anos, a finais do primeiro trimestre, convidamos ao alumnado do IES SALVATERRA DE MIÑO a visitar o noso centro. En concreto, veñen a ver a exposición que organiza o EDLG e que este ano, como xa sabedes tratou sobre o FOLCLORE GALEGO. É un día moi esperado pois adoitan vir moitos antigos alumnos e alumnas do centro e fainos moita ilusión a súa visita.

É tradición organiar tres actividades, unha delas é a propia visita á exposición cuns guías de excepción, os nenos e nenas de 6º nivel que se encargan de explicarlles todo aos maiores. Outro, soe ser na aula de informática onde, acompañados pola mestra Paqui, fan alguna actividade relacionada co tema a tratar, e por último, outro obradoiro máis. Este ano contamos coa inestimable axuda da mestra do cole xa xubilada PURI e do seu marido ANXO, que con moita paciencia e pouco tempo ensinaron a facer uns marcapáxinas cosendo uns pequenos abalorios, a pesares do pouco tempo co que contaron quearon ben xeitosos... Moitas grazas por vir a axudarnos!!

Aos nenos e nenas do IES, dicirlles que estamos encantados coa súa visita e que poden vir sempre que queiran, serán ben recibidos!!!

Ata o próximo curso!!!

EXPOSICIÓN "O FOLCLORE GALEGO"

CONCURSO COCO-ALXÉN 2018

Como todos os anos, o día do magosto, tivo lugar o coñecido e esperado concurso COCO-ALXÉN, onde se premian as cabazas mais escalofriantes e terroríficas do cole. Este ano, dábase un premio especial a aquelas cabazas que tiveran relación co tema da exposición,O FOLCLORE. Durante os tres días previos ao concurso, enchéronse os corredores de cabazas "horrorosas e espantosas". O xurado o tivo moi complicado para escoller @s gañador@s. Mirade o vídeo para saber cales foron as cabazas gañadoras. 

Moitas grazas por participar!!

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA SEMANA STEM

 ESTAMOS DE NORABOA...

 

FOMOS ADMITID@S NA SEMANA STEM!!!

 

O PASADO VENRES SAÍU PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA ONDE APARECEN OS CENTROS DOCENTES ADMITIDOS PARA A PARTICIPACIÓN DA ACTIVIDADE "SEMANA STEM". 

O alumnado de e o de 6º do CEP Carlos Casares foi admitido para participar nesta actividade que agardabamos con tanta ilusión!!

 

Consideramos que é unha oportunidade magnífica para que as/os nosas/os nenas/os se acheguen ao mundo da Tecnoloxía, da Ciencia, das Matemáticas e da Enxenería.

 

 Estamos seguras que será unha experiencia que non esquecerán xamais!!!!!

 

 

DISFRUTADE E ... APRENDEDE MOITÍIIIISIMO!!!!

 

AS FAMILIAS D@S NEN@S DE 6º CURSO TEDES QUE CUBRIR ESTE CUESTIONARIO, PREMENDO AQUÍ. PARA PODER ENTRAR TEDES QUE INTRODUCIR O CONTRASINAL QUE VOS MANDAMOS NA NOTA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut