Vense de facer pública a resolución definitiva da convocatoria de contratos-programa pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2014/15, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
http://www.edu.xunta.es/web/node/5042
NA QUE APARECE O NOSO CENTRO COMO SELECCIONADO.
Para este curso solitamos e fóronnos concedidas, tres actuacións:
- PROA (Reforzo, orientación e apoio) para dous grupos de alumnos dos 2º e 3º ciclos.
- MELLORA DA COMPETENCIA MATEMÁTICA
- MELLORA DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
O PROA impartirase dous días á semana os luns e os xoves de 16:30 a 18:30 horas. Será impartido por dous docentes do centro ao non sernos concedido un mestre externo, como solicitaramos.
@S ALUMN@S, QUE RECIBAN O PROA, DISPORÁN DE SERVIZO DE TRASPORTE GRATUÍTO
O PROA, comezará o vindeiro luns, 09 de febreiro