Skip to Content

Club de ciencia

CLUB DE CIENCIA 27 de FEBREIRO

Hoxe, día 27 de febreiro, o alumnado do primeiro ciclo tivo a súa segunda xornada do Club de Ciencia. Esta vez, guiados pola mestra Silvia, descubrimos que a auga ten unha "cousa" que se chama TENSIÓN SUPERFICIAL  e que ésta pódese romper co xabón. Así, como primeiro experimento, botamos pementa nun bol con auga, ao meter o dedo limpo no ocorre nada, pero se o mollamos en xabón e logo o metemos no bol, a pementa esparexe porque se rompe a tensión superficial e as moléculas sepáranse levando con elas a pementa.

No segundo experimento tiñamos que conseguir que un clip flotara na auga. Foi moi pero que moi difícil conseguilo, precisamos de moitos intentos e a algún custoulle un pequeno disgusto... Había que facelo coa axuda doutro clip e con moito coidado de non romper a TENSIÓN SUPERFICIAL da auga.

Por último, o máis espectacular de todos, como ao romper a TENSIÓN SUPERFICIAL do leite, o colorante vermello que lle botáramos saía disparado cara aos bordes do caneco. 

Tamén houbo outro experimento que non deu tempo a facer cada un de nós, pero que a mestra Silvia nos ensinou. Conseguimos botar 41 gotas de auga enriba dunha moeda de 1€  sen que se derramara nin unha soa, sen embargo, cando misturamos a auga cun pouco de xabón, só puidemos botar 10 gotas, por que sería?? Sabédelo?

Pois claro, pola TENSIÓN SUPERFICIAL!!

 

1ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA

 
O pasado mércores 30 de Xaneiro, tivo lugar a primeira sesión do club de ciencia deste curso para o alumnado do 1º ciclo. Quedamos a comer no cole e despois empezou a diversión. Pasámolo xenial, foi unha xornada divertidísima! Queredes ver como o pasamos? premede no arquivo adxunto. Ata a vindeira sesión!! 
 
 
 

Club de Ciencia, 23 de xaneiro

Club de Ciencia 16 de xaneiro

CONCURSO PILABOT

PILABOT é un concurso organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivena, en colaboración cos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de pilas e acumuladores autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia, ECOPILAS, ERP E ECOLEC, en centros educativos de educación primaria e seundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e a súa familia.

Alumnado, familias e mestras estivemos recollendo pilas nas casas para participar neste concurso e conseguimos encher dous colectores e medio de pilas, o martes 5 de febreiro viñeron recollelos, e sabedes canto recolectamos? Pois un total de 235,950 kg!! Xa son quilos!! 

Hai dous premios, un ao cole que máis quilos de pilas recolla en total e outro ao cole que máis quilos de pilas por neno recolla. Gañaremos algún? Manterémosvos informados

A comezos de marzo saiu a resolución do concurso e, lamentamos comunicar que non fomos o centro gañador, que lle imos facer. Non puido ser desta vez, pero estamos contentos igualmente, todos xuntos contribuimos a diminuir a contaminación que habería se todas as pilas que nos recollemos foran tiradas ao lixo das casas.

O ano que ven volveremos a intentalo!

SOMOS EXPERTOS NOS RAEE GRAZAS AOS BOLECHAS

Collémoslle cariño aos Bolechas e desta vez viñeron ao noso centro para explicarnos que é iso dos RAEE. A través dunha canción (que logo bailamos no festival de nadal) e dun vídeo, enterámonos de que os RAEE son os Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos é dicir, todos aqueles obxectos que se enchufen, e de que estes residuos téñense que reciclar cando xa non funcionen. Pero reciclar non se reciclan no monte, hai que levalos á TENDA ou ao PUNTO LIMPO.

Antes de marchar regaláronnos un contiño sobre o tema a cada un de nós.

Que ben o pasamos con eles!! Ogallá volvan outro día!!!

 

 

 

CLUB DE CIENCIA 2018/2019

RECENTEMENTE SAÍU PUBLICADA A RESOLUCIÓN DOS CENTROS ADMITIDOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE INNOVACIÓN, CLUB DE CIENCIA NESTE CURSO 2018/2019

O NOSO CENTRO RESULTOU ADMITIDO!!!

DEIXÁMOSVOS O ENLACE DA RESOLUCIÓN POR SE É DO VOSO INTERÉS.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_defin_club_18_19.pdf

 

SIMULTANEAMENTE, AS MESTRAS QUE PARTICIPAMOS NO CLUB DE CIENCIA ESTAMOS FACENDO UN PFPP (PLAN DE FORMACIÓN PERMANETE DO PROFESORADO.

XA ESTAMOS ULTIMANDO OS DETALLES PARA AS PRIMEIRAS SESIÓNS!!!

 

 

TORRE DE DENSIDADES

Este experimento consistiu en colocar capas de distintos líquidos nun vaso tendo en conta as súas densidades.

A primeira capa da torre é de mel. É o líquido máis denso.

Despois engádese leite. Logo botamos o deterxente, a seguinte capa será auga coloreada de vermello, despois irá o aceite e por último vai o alcohol coloreado de azul.

Unha vez que rematamos con líquidos empezamos cos sólidos: un parafuso, un tomate cherry e unha pelota de ping-pong.

Obtivemos unha torre na que se apreciaba claramente a situación dos diferentes líquidos en función das súas densidades. Tamén puidemos comprobar a diferenza de densidades dos sólidos introducidos na torre.

 

O ADN e a CÉLULA, primeira experiencia científica do segundo ciclo.

O pasado día, 31 de xaneiro o alumnado do segundo ciclo tivemos a nosa primeira experiencia científica do Club de Ciencia.

Esta sesión organizouna a mestra Silvia e contou coa axuda das mestras Luz e Paqui.

Poidemos ver, por primeira vez, o ADN dun plátano

Tamén poidemos ver as CÉLULAS dunha cebola. Encantounos a experiencia de empregar o microscópio para poder ver a súa forma.

No seguinte vídeo podedes ver alguns dos mellores momentos.

 

 

Visita á facultade de Química no CUVI.

Dentro das actividades programadas no Club de Ciencia para desenvolver o Proxecto das Mulleres científicas, o pasado 23 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha saída didáctica á Facultade de Química no Campus Universitario de Vigo, o CUVI.

A continuación podedes ver o vídeo dos obradoiros aos que asisitíu o alumnado de 3º. Pareceunos moi interesante todo o que nos explicaron e queremos expresarlle dende aquí as grazas ás Mulleres científicas da Facultade de Química,que impartiron os obradoiros, pola súa atención e a súa amabilidade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut