Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

DÍA DA DANZA. MERCEDES PRIETO

Ola a tod@sss!!! Como estades???

Como van eses primeiros paseos autorizados logo de tantos días confinad@s???

Sabedes que día é mañá?? Si claro, 29 de abril!!! Pero sabedes que se celebra cada 29 de abril??

O DÍA DA DANZA!!!!

Coñecedes ao grupo Pesdelán? No noso cole temos dous traballos publicados por elas.

Unha das componentes do grupo Pesdelán é Mercedes Prieto. Unha recoñecida mestra especialista de danza. Mercedes está desenvolvendo varios proxectos onde relaciona a danza coas matemáticas, coa arte, ... Mercedes é unha veciña nosa, natural da parroquia de Leirado, que actualmente vive en Salceda de Caselas.

Este ano tiñamos programado un proxecto chamado MUSE onde a través da danza e doutras artes iamos traballar varios aspectos pedagóxicos e de socialización e ela ía ser a artista que nos ía dar os obradoiros. Por mor desta situación houbo que adialo, agardo que poidamos levalo a cabo o vindeiro curso.

Pois mañá, Mercedes e @s súas compañeir@s de Pesdelán van facer un obradoiro de danza , dende o Salón do libro en Pontevedra virtual e vós poderedes danzar no salón das vosas casas.

Que maneira tan marabillosa de celebrar o día da DANZA. Menudo PLANAZO para mañá ás 12 do mediodía!!! FESTAAAAAA!!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, querémoslle dar as grazas e mandar unha aperta moi forte para Mercedes, por ter a deferencia de facernos este convite, persoal!!

Lembrade...mañá ás 12 do mediodía... TOCA DANZAR EN FAMILIA!!!!

Se vos apetece, podedes gravarvos e logo podemos facer unha montaxe.

Para participar tés qeu entrar no seguintes enlaces:

https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA

https://www.salondolibro.gal/

 

 

RECOMENDAMOS LIBROS 6

Bo día nenos e nenas!! Imaxino que esta semana estaredes un pouco máis contentos, pois desde onte xa podedes saír á rúa e despexar un pouco. Gozade deste pequeno privilexio e non esquezades seguir lendo un ratiño cada día. Aquí vos deixamos algunhas propostas.

Desde Kalandraka compártennos "contos contados". Premede na imaxe e accedede a eles.

 

 

 

Premendo na seguinte imaxe tamén poderedes acceder a libros para todas as idades. Despois premede no libro que desexedes para ler.

 

 

 

ABRIL MES DOS LIBROS

Bo día nenos e nenas!!!! EN ABRIL LIBROS MIL. Sabedes por que? Os libros son os nosos amigos incondicionais , os que nos acompañan sempre e enchen de luz e cor a nosa vida. En abril decimos que é o mes dos libros porque celébranse dúas datas moi importantes: o 2 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, e o 23 de abril, DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.

As vosas mestr@s queren  sorprendervos coa lectura de  FAME DE PALABRAS. Escrito por Peter Svetina e traducido por Héctor Cajaraville. Música de Chopin(Nocturne in E Flat Major). PREME NA IMAXE OU NO REPRODUTOR PARA ESCOITAR O AUDIO.

 

 

DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

Bo día nenos e nenas!!! Hoxe é 23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. A semana pasada propuxemos, desde a biblioteca, a actividade COMPARTIMOS O QUE ESTAMOS A LER. Consistía en facer un debuxo do libro que estabades a ler poñendo o título e o nome do autor, e depois quitarvos unha foto con dito debuxo.

Deixamos os debuxos dos libros que compartístedes. Parabéns a Axel, Sara, Paula e Sergio de 2º e a Aarón, Iria, Marta, Mateo, Iván, Mauro, Yerai e Lois de 4º. Moi ben Lois e Paula, moitas grazas por incluirvos na foto como pedía a actividade.

Tamén vos deixo unha emotiva historia relacionada cos libros:pincha na imaxe

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE MR.MORRIS LESMORE.

 

 

 

 

 

 

RECOMENDAMOS 5

Bo día nenos  e nenas!!!! Comezamos unha nova semana. Este xoves, 23 de abril celébrase o Día do Libro.

Recordade que a semana pasada propuxemos unha actividade para este día. Aínda estades a tempo de mandala aos correos aos que enviades as tarefas, poñendo en asunto BIBLIOTECA. Tedes ata o mércores, Animádevos.

 

A editorial Baía ofrécenos contos para leer gratis para todas as idades. Preme na imaxe.

 

PREME NA IMAXE E SUMÉRXETE NO MUNDO DA CIENCIA: PELÍCULAS, LIBROS, EXPERIMENTOS....

 

 MANUALIDADES, ACTIVIDADES E RECURSOS.

 

 

 XOGOS E ACTIVIDADES.

 

 

 

INAUGURACIÓN DO ENTROIDO 2020

TRABALLOS SOBRE O ENTROIDO

Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos  disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos  para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?

VISITA DO IES DE SALVATERRA

O pasado trimestre, o alumnado do IES de Salvaterra asistiu ao CEP Carlos Casares para visitar a nosa exposición de "O comedor". Foi o alumnado de 6º curso  o encargado de explicar cada unha das diferentes seccións que compoñían a exposición: os xogos de café, o salón-comedor, a louza, a cristalería, os aparellos eléctricos, a cociña e a mesa principal. 

Simultaneamente desenvolvéronse dous obradoiros máis: un de pregado de panos de mesa e outro de cociña, onde o alumnado puxo en práctica todas as súas habilidades manuais e culinarias. 

Deixámosvos un resumo con algunhas das fotos tiradas! Esperamos que non se vos poñan os dentes moi longos coas nosas suculentas sobremesas!

 

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares desexámosvos un  Bo Nadal e unhas festas moi felices e deixámosvos unhas recomendacións aproveitando que o Apalpador está á volta da esquina!

 

 

BO NADAL!

EXPOSICIÓN: O COMEDOR

No CEP Carlos Casares estamos moi pero moi felices co resultado final da nosa exposición: o comedor. 

Grazas á implicación de todas as familias, claustro e alumnado; conseguimos converter o noso salón de actos nun fantástico comedor ao que non lle falta detalle, cunha manchea de obxectos de gran valor; e non podemos máis que agradecer a vosa cuantiosa xenerosidade e confianza ao partillar con toda a comunidade as vosas pezas, moitas veces cun gran valor sentimental.

Moitas e moitos de vós xa desfrutachedes da nosa exposición na Xornada de portas abertas, pero para os que non, gustaríanos deixarvos por aquí un pequeno vídeo que vos achegue ao noso comedor particular.

 

Podedes ver e descargar as fotos en: https://photos.app.goo.gl/BatUMfrvL5z2MdJJ8

Novamente, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración un ano máis!

Distribuir contido


by Dr. Radut