Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

NÉBOA 2023

Outro ano máis, e xa van 38 edicións, temos connosco a NÉBOA, unha revista que pretende recompilar todas as actividades realizadas no noso centro ao longo deste ano.

Desta volta conseguimos reducir o seu tamaño, pero non a calidade dos artigos publicados. Aquí a tedes, esperamos que vos guste!!

CALENDARIO 2023

Por fín chegou o tan esperado calendario anual do CEP Carlos Casares!! Este ano relacionado, coma sempre, co proxecto anual, a meteorolxía. Leva por título MeteoAlxén, e foi elaborado gracias á colaboración das familias que rebuscaron no baúl dos recordos para rescatar todas as fotos que compoñen  o noso calendario. Moitas grazas a todos e a todas!! Esperamos que vos guste!!

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro foi o Día Mundial da Paz e Non Violencia. Na biblioteca tivemos un recanto de ibros relacionados coa temática.

O alumnado de 2º coloreou un póster colaborativo e o alumnado de 1º nivel traballou o conto "Wangari e as árbores da paz". Mirade que ben lles quedou!!

 

Ademais, todo o alumnado participou na creación dun mural que leva por título "TODOS SOMOS FOLERPAS DE NEVE: ÚNICAS E DIFERENTES" no que cada neno e nena tiña que escribir un adxectivo bonito que calificara aos seus compañeiros de aula. Despois, todos eses papeis cos adxectivos que describen a cada alumno da escola foi exposto na entrada da escola. 

EN NADAL AGASALLA...

Dende o equipo de biblioteca, coma todos os anos, recoméndasenos unha serie de xogos e libros en galego adecuados para todas as idades, que nos ven de marabilla para pedirlle aos Reis Magos, por si se nos esgotan as ideas...

CLUB DE LECTURA "OS LECTUBERS"

Este curso decidimos poñer en marcha un club de lectura onde o alumnado puidera compartir as súas experiencias lectoras. Despois de facer un pequeno sondeo, advertimos que un grupiño de alumnos e alumnas de 6º nviel, estaba interesado polo que nos puxemos mans á obra. Eles e elas van ser os pioneiros/as. 

E ti, anímaste a formar parte do club de lectura??

Non esperes máis, pasa pola biblioteca e anótate. Pasaremos un bo rato falando das nosas experiencias lectoras.

DIA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía. Como ben sabedes anteriormente celebrábase o día 24 pero hai uns anos cambiouse para o día do aniversario de- Rosalía de Castro que é o o 23. 

Para conmemorar esta data tan importante para nós, o noso alumnado realizou unha pequena adaptación das actividades propostas pola Asociación de escritores en Lingua Galega. Quedáronlles super chulas, mirade!!

#cumpriuseaxustiza#rdc_23

METEOROLOXÍA

Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...

BOA ESCOITA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro, este ano relacionado coa meteoroloxía e climatoloxía "METEOALXÉN".

O día 11 de outubro coa Inauguración da nosa biblioteca, tivo lugar a lectura do xa tradicional pregón co que se anunciou dito proxecto e no que nos falaban das normas de uso e horario da biblioteca do centro. Antes, tivemos que facer unha selección de pregoeiros, pregoeiras e tamborileiros, foi unha decisión moi difícil e ao final os elixidos foron:

Valeria de 6º, Martín de 2º e Pedro de 1º como pregoeiros/as e Xiana de 6º e Edi de 5º como tamborileiros. Fixérono requetebén!!

.       

       

 

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

RECOMENDACIÓN LECTURAS PARA O VERÁN

Deixámosvos unha pequena recomendación de libros para ler este verán. Escollede o que máis vos guste e desfrutade!!! BOA LECTURA

Clica no adxunto se o queres ver máis grande.

ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Na semana das letras galegas o alumnado de 5º nivel preparou un programa especial dedicado a D. Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés homenaxeado este ano. Contaron cousas moi interesantes da vida deste autor, non o perdades! BOA ESCOITA

Distribuir contido


by Dr. Radut