Skip to Content

Abril 2020

  1. RECOMENDAMOS LIBROS 6

    Bo día nenos e nenas!! Imaxino que esta semana estaredes un pouco máis contentos, pois desde onte xa podedes saír á rúa e despexar un pouco. Gozade deste pequeno privilexio e non esquezades seguir lendo un ratiño cada día. Aquí vos deixamos algunhas propostas.

    Desde Kalandraka compártennos "contos contados". Premede na imaxe e accedede a eles.

     

     

     

    Premendo na seguinte imaxe tamén poderedes acceder a libros para todas as idades. Despois premede no libro que desexedes para ler.

     

     

     

  2. ABRIL MES DOS LIBROS

    Bo día nenos e nenas!!!! EN ABRIL LIBROS MIL. Sabedes por que? Os libros son os nosos amigos incondicionais , os que nos acompañan sempre e enchen de luz e cor a nosa vida. En abril decimos que é o mes dos libros porque celébranse dúas datas moi importantes: o 2 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, e o 23 de abril, DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.

    As vosas mestr@s queren  sorprendervos coa lectura de  FAME DE PALABRAS. Escrito por Peter Svetina e traducido por Héctor Cajaraville. Música de Chopin(Nocturne in E Flat Major). PREME NA IMAXE OU NO REPRODUTOR PARA ESCOITAR O AUDIO.

     

     
  3. DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

    Bo día nenos e nenas!!! Hoxe é 23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. A semana pasada propuxemos, desde a biblioteca, a actividade COMPARTIMOS O QUE ESTAMOS A LER. Consistía en facer un debuxo do libro que estabades a ler poñendo o título e o nome do autor, e depois quitarvos unha foto con dito debuxo.

    Deixamos os debuxos dos libros que compartístedes. Parabéns a Axel, Sara, Paula e Sergio de 2º e a Aarón, Iria, Marta, Mateo, Iván, Mauro, Yerai e Lois de 4º. Moi ben Lois e Paula, moitas grazas por incluirvos na foto como pedía a actividade.

    Tamén vos deixo unha emotiva historia relacionada cos libros:pincha na imaxe

    LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE MR.MORRIS LESMORE.

     

     

     

     

     

     

  4. RECOMENDAMOS 5

    Bo día nenos  e nenas!!!! Comezamos unha nova semana. Este xoves, 23 de abril celébrase o Día do Libro.

    Recordade que a semana pasada propuxemos unha actividade para este día. Aínda estades a tempo de mandala aos correos aos que enviades as tarefas, poñendo en asunto BIBLIOTECA. Tedes ata o mércores, Animádevos.

     

    A editorial Baía ofrécenos contos para leer gratis para todas as idades. Preme na imaxe.

     

    PREME NA IMAXE E SUMÉRXETE NO MUNDO DA CIENCIA: PELÍCULAS, LIBROS, EXPERIMENTOS....

     

     MANUALIDADES, ACTIVIDADES E RECURSOS.

     

     

     XOGOS E ACTIVIDADES.

     

     

     

  5. RECOMENDAMOS LIBROS 4

    Bo día nenos e nenas!!! Estades aproveitando estes días de confinamento para gozar da lectura??? Espero que sí. Hoxe deixámosvos libros en Galego. A Editorial Xerais ofrécenos catro libros. Premede na imaxe para acceder a eles. Tamén vos deixamos tres audiocontos. 

     

     

     

                          

     

  6. PRÓXIMO DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

    Bo día nenos e nenas!!! Xa remataron as "atípicas vacacións" de Semana Santa e agora toca a volta ao traballo. Hoxe hai un mes que non imos ao cole e, polo de agora, seguiremos así, traballando desde a casa. Estamos en abril e o vindeiro día 23  é o día Mundial do Libro e dos Dereito de Autor. Para celebralo, que vos parece se compartimos o que estamos a ler neste momento? Para iso facede un debuxo sobre o libro que estades a ler e poñede o título en letras grandes e o nome do autor. Despois facede unha foto co debuxo e enviádea ao correo ao que mandades as tarefas poñendo en asunto Biblioteca. O vindeiro xoves, 23 de abril colgarémolas no blogue da biblioteca.

    Imaxes  de Bibilotecas Escolares de Galicia. 

  7. RECOMENDAMOS LIBROS 3

    Bo día chicos e chicas do CEP Carlos Casares!!!!

    Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa, e ainda que non son esas vacacións coas  todos nós  soñamos, poden ser esas vacacións diferentes e emocionantes para  gozar  en famila, nas que a imaxinación e a creatividade estou segura que   sairán a flote . Durante este trimestre traballástedes moito, tanto no cole como durante estas últimas semanas, facendo as tarefas dende as vosas casas. Por iso,  tedes  estas vacacións máis que merecidas.

    Son tempos difíciles para todos, sobre todo para aqueles que non gozan de saúde ou teñen familiares enfermos. A nosa misión nestes momentos é ser fortes. Debemos pensar que:" NON ESTAMOS PECHADOS NA CASA, ESTAMOS A SALVO NELA".

    DEIXÁMOSVOS  LIBROS  E ALGÚN XOGO PARA APRENDER XOGANDO. ESPERAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO. NON ESQUEZADES A LECTURA DIARIA, POIS PODE SER UN TEMPO DE LECER MOI DIVERTIDO.

    Un saúdo; o Equipo de biblioteca.

     

     

    CULTIVO PLANTAS DE MANEIRA VIRTUAL VENDO COMO INFLUYE A TEMPERATURA.  ESTAMOS NA PRIMAVERA: TEMPO DE PLANTAR. NO NOSO COLE ESTARIAMOS PLANTADO NO HORTO PERO ESTA VEZ TOCA  DENDE A CASA .PROBA PREMENDO NA IMAXE.

     

     

     TECLEAMOS AS LETRAS . PROBA PREMENDO NA IMAXE.

     

     

     

     

     

     COÑECEMOS A RICARDO CARBALLO CALERO AUTOR HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2020 

     

     

     

     

                                               

     

     

     



by Dr. Radut