Skip to Content

Marzo 2020

  1. RECOMENDAMOS LIBROS 2

    Bo día nenos/as!!!!! Gustáronvos os libros da semana pasada???? Propoñémosvos que fagades debuxos , resumos, manualidades... relacionados cos libros que léstedes e llas enviedes ás vosas titoras. Despois colgarémolas no blog da biblioteca. ANIMÁDESVOS!!!!

     

    Agradecemos a Óscar María Barreno que nos deixa parte dos seus libros para ler gratuitamente. Pulsade na súa fotografía e escollede o que máis vos guste.

     

      

     

     

     

    Deixámosvos ademais estes outros. Un bico e moito ánimo que xa queda menos.

                        

     

     

     

     

     

  2. Libros en formato dixital desde as bibliotecas galegas

    Boa tarde queridas familias e alumnado!

    Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares queremos achegarvos a decisión da rede de bibliotecas públicas de Galicia de permitir o rexistro de novos usuarios desde casa.

    Así, aquelas persoas que non sodes socias dalgunha biblioteca pertencente a esta rede, teredes agora a oportunidade de rexistrarvos e acceder desde calquera dispositivo móbil ao catálogo que ofrecen desde a app EBiblio, con moitísimas novidades e  unha ampla variedade editorial.

    Unha maneira estupendísima de inverter o tempo de lecer, con lecturas de calidade adaptadas as nosas preferencias literarias.

    Para iso só precisamos seguir os pasos descritos no seguinte enlace: https://www.galiciale.gal/index_es.html

    Boa lectura!

     

  3. DÍA MUNDIAL DA RADIO: A DIVERSIDADE

    Vimos hoxe desde Radio Saltamontes cun programa que emitimos o 13 de febreiro, día mundial da radio.

    Este programa foi pilotado polo alumnado de 5º e 6º curso e xirou en torno á diversidade. Que palabra tan bonita e enriquecedora verdade? E resulta que hai tanta diversidade como cousas podemos ver, tocar, sentir… pero no noso programa centrámonos en 3 eidos fundamentais.

    En primeiro lugar falamos da diversidade cultural, e máis especificamente da diversidade lingüística. En Galicia isto da diversidade lingüística sóanos un chisquiño, pero ademais este ano grazas ao Proxecto Rush, tivemos a oportunidade de coñecer a riqueza lingüística doutros puntos de Europa. 

    En segundo lugar, falamos sobre as familias diversas, porque familias hai moitas, case tantas como casas. No primiero trimestre tivemos a sorte de contar cunha exposición no centro titulada “Familias no hay más que muchas” da que aprendemos un montón sobre outros tipos de familias.Con relación a este tema, aproveitamos para recomendarvos desde aquí o libro “Familiario” de Marian Pérez-Duarte, e que aquelas familias socias da rede de bibliotecas de Galicia, poderedes desfrutar desde a súa app gratuíta eBiblio.

    Por último e para rematar o programa, falamos da diversidade sexual, un termo que vén a dicir que existen moitas maneiras de sentirse e de expresarse, e que o máis importante e estar agusto con cada un/ha de nós, e por suposto, respectar sempre as preferencias dos demais.

    Esperamos que vos guste moito o programa e que aprendades tanto coma nós aprendemos traballando nel.

     

    BOA ESCOITA!

  4. RECOMENDAMOS LIBROS

     

    De todos/as é sabido a importancia da lectura diaria e, dada a situación de emerxercia que estamos a vivir, na que non podemos saír da casa, que mellor maneira de pasar o noso tempo de lecer que lendo un libro.

     

    A EDITORIAL WEEBLE ofrecenos libros gratuitos para descargar ou para ler en liña. Preme no debuxo e mergúllate nun mundo máxico!!!.

     

     

    Desde a biblioteca recomendámosvos estes libros que poderedes ler premendo na imaxe. 

             ESPERO QUE VOS GUSTEN. A PRÓXIMA SEMANA MÁIS. 

     

     

     

     

      


     

     

     

     

     

     

      

     

     

                             

     

  5. O NOSO PADRIÑO DE AULA: XOSÉ NEIRA VILAS

    Bo día!

    O 24 de xaneiro o alumnado de 6º emitimos un programa sobre o noso padriño de aula: Xosé Neira Vilas. Nel repasamos algúns datos interesantes sobre a súa vida e obra e lemos algún fragmento que de seguro vos é coñecido.

     

     
    Boa escoita!


by Dr. Radut