Contidos
Terceiro
Moi bos días a todos, con este program especial de nadal despedímonos, e como todos os anos rematamos as emisións do primeiro trimestre. Esperamos que vos guste moito e ATA O VINDEIRO ANO!! Que pasedes moi boas festas e recordade, SENTIDIÑO!!
Ah! tamén desvelamos o gañador ou gañadora do concurso da nova mascota da biblioteca!! Parabéns a todos os participantes
BOA ESCOITA!
Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.
A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.
Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:
1º Experimento:
CICLO DA AUGA
Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.
Materiais:
*auga a ferver
*sal
*colorante alimentario
*film transparente (de cociña)
*culler
*cunca grande de vidro
*vaso chupito ou cunca pequena
*xeo
Pasos:
1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.
2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.
3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.
4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.
5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.
Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?
Aquí vos deixamos a nosa revista escolar Néboa, Nº 36, en formato dixital. Unha revista que, coma todos os anos, resultou ampla. Nada máis e nada menos que 196 páxinas de artigos que nenos e nenas elaboraron coas mestras e mestres. Parabéns polo traballo realizado!!! (Clica na imaxe para visualizala).
O próximo 20 de maio temos videoconferencia con Ledicia Costas. Que ilusión !!!!
Estivemos traballando arredor dalgúns dos seus libros;
1º,2º traballamos "Conexión Macarrón", 3º "Os minimortos" e 4º,5º, 6º "Vampira de bibliotecas".
Os nenos e nenas do Cep Carlos Casares durante o primeiro trimestre estivemos quitando fotos aos diferentes trebellos da agricultura nas nosas casas. Despois buscamos información e elaboramos un libro de trebellos que agora forma parte da nosa biblioteca.Aprendemos moito e pasámolo xenial con esta actividade. Aquí vos deixamos o libro elaborado por cada clase.(CLICAR NAS IMAXES PARA VISUALIZAR).
Como xa sabedes o proxecto anual do centro deste curso é "A AGRICULTURA". Todos os anos elaboramos un calendario con fotografías que aporta a familia e outras que quitamos dos obxectos aportados a exposición. Este ano non foi posible montar a exposición debido a Covid-19, pero os nosos alumnos/as quitaron moitas fotografías que depois traballaron na aula buscando información e elaborando os pés de foto. Foron tantas as fotografías que era imposible plasmalas todas no calendario tendo que facer unha escolma. Aquí tedes o magnífico resultado.
Parabéns nenos/as, mestres/as e familia polo voso traballo!!!!!
Para ver o calendario completo preme na imaxe.
Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas.
Queridos nenos e nenas do segundo ciclo!!!!!! Mañá remata oficialmente para vós, este atípico curso, no que vivimos unha chea de experiencias que nos marcaron e que recordaremos para sempre. Cando empezamos en 3º e 4º alá polo mes de setembro do ano pasado, non se nos pasou nin pola imaxinación que iamos ter que estar nas nosas casas durante todo o terceiro trimestre. Foron uns meses difíciles, nos que demostrastes ser moi responsables e maduros. Traballastes moitísimo en diferentes tarefas (problemas, lecturas, redaccións, experimentos, proxectos, plástica...), e comportástesvos como auténticos campións e campioas.
Sabemos que este curso non se vos vai a esquecer nunca, pero queremos axudarvos a recordalo da mellor maneira posible. Por iso, as mestras do segundo ciclo, decidimos montar este video coas fotos de moitas das vivencias que tivestes xuntos ao longo dos meses que puidemos ir ao cole.
Todas nós vos queremos dicir o orgullosas que nos sentimos de vós. Estamos desexando que chegue o mes de setembro para poder vervos xa que, estes tres meses botámosvos moito de menos. Esperamos que pasedes un maravilloso verán, xa que estas vacacións tédelas máis que merecidas. Aproveitade para descansar e recargar pilas para o próximo curso, que seguro que ha de estar cheo de agradables sorpresas.
Unha aperta enorme de todas as mestras do cole e, en especial, das mestras do segundo ciclo: Ana, Nerea, Fátima e Montse.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »