Contidos
Terceiro
MAGOSTO
admin — Dom, 2024-02-25 22:19
Alá polo San Martiño, celebramos na escola a xornada de xogos tradicionais e o magosto. Con esta damos comezo ás festas, celebracións e conmemoracións que, como poderedes comprobar ao longo de curso, non son poucas.
Queredes ver que ben o pasamos? Pois mirade o noso álbum.
1º DIA ESCOLA
admin — Dom, 2024-02-25 21:57
O día 11 de setembro inauguramos un novo curso escolar. Estabamos todos desexosos de comezar, que nos deparará este curso? Que cousas aprenderemos? Ainda están por descubrir, pero seguro que serán interesantísimas!!!
Bótadelle un ollo á nosa galería para ver as nosas cariñas de ilusión.
Coma cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega aportan ideas en canto a lecturas e xogos para que o alumnado do noso centro poida incluír nas súas cartas aos Reis Magos. Dende o CEP Carlos Casares desexámosvos boas festas e próspero aninovo.
Este curso temos un club de lectura por ciclo:
Os Lectubers do 1º ciclo (TORIBIOS)
Os lectubers do 2º ciclo (O CAN RIN)
Os lectubers do 3º ciclo (FOLLAS NOVAS)
Este trimestre tivemos o noso primeiro encontro e pasámolo xenial. Falamos dos libros que lemos durante o verán e os libros que estamos a ler agora, dos que nos gustaron moito e dos que non tanto argumentando o motivo e falando un pouco do libro. Descubrimos a diferente variedade de libros que nos gusta a cada un de nós. Falamos das propostas de autores/as que nos gustaría que visitasen o noso cole e buscamos libros deses autore/as na nosa biblioteca. Tamén buscamos na internet información dos autores/as e outros libros que non temos na biblioteca.
PROXECTO "HOXE VÉN AO COLE..."
primeirociclo — Mar, 2023-11-07 17:39
O alumnado do segundo ciclo estamos a traballar no proxecto de centro "Lerias e enredos doutro tempo" e para iso pedimos a colaboración das familias para que nos contarán como pasaban eles o tempo cando eran nenos/as. O martes, 17 de outubro acompañounos o avó de Mateo Ramilo de terceiro. Contounos que cando él era cativo non se podían mercar xoguetes polo que tiñan que botar man da súa imaxinación e fabricalos eles mesmos con materiais naturais: madeiras, trapos,... Tamén nos contou que coma as tardes de outono eran longas, para entreterse e facelas máis curtas facían concursos de quen degranaba máis carozos de millo ou quen conseguía máis raíñas, que son aquelas espigas que teñen millo de varias cores.
Aproveitamos a ocasión para ensinarlle o noso horto e que nos dese consellos sobre os coidados que necesitan as plantas para vivir e as distintas formas de sementar.
Esta actividade foi moi motivadora e interesante para os nenos/as polo que estamos agardando a próxima visita.
O 24 de outubro celébrouse o día das bibliotecas. Comezamos a semana recordando a importacia e as posibilidades da biblioteca como lugar de lecer, entretemento, investigación e creación...Agasallouse cun marcapáxinas coa mascota da nosa biblioteca ao alumnado novo no centro. Tamén comezamos coa ruta das mochilas viaxeiras, cada unha delas con material adaptado ao curso. Agardamos que vos guste o seu contido e que desfrutedes en familia!
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA
primeirociclo — Mar, 2023-11-07 10:07
Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro “OS XOGOS POPULARES” co título “Lerias e enredos doutros tempos”.
O 10 de outubro tivo lugar a Inauguración da nosa biblioteca coa lectura do tradicional pregón no que se anunciou dito proxecto e se falaron das normas de uso e horario.
Para dito evento fíxose unha audición para seleccionar aos mellores pregoeiros/as e os mellores tamborileiros/as. Presentáronse moitos alumnos e alumnas que o fixeron moi ben e aos que lles facía moita ilusión participar facendo moi difícil a decisión do xurado. Finalmente os elixidos foron: Roi de 1º, Nora e Aldara de 4º, Antía e Zoe de 5º e Níobe de 6º como pregoeiros/as e Lois de 3º e Adriana de 5º como tamborileiros/as.
Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.
ANDREA MACEIRAS E DAVID RODRÍGUEZ
admin — Mér, 2023-05-31 09:01
Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!
O pasado día 21 de marzo foi o Día da poesia e do Síndrome de Down... O alumnado de 3º curso de Relixión foi á emisora a anunciar ditas datas e a recitar diferentes poemas de diferentes autores elexidos por eles mesmos co asesoramento dos colaboradores da biblioteca.
A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S" da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.
Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5874330?t=1277?t=1279
Este é o seu decálogo.
Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.
1º CICLO
2º CICLO
3º CICLO
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »