Contidos
Terceiro
Xa para rematar co proxecto do Club da Ciencia, o 29 de maio o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a derradeira sesión. Danos moita pena que a nosa relación cos experimentos chegue ao seu fin, pero de seguro que o curso que ven imos repetir. Fixemos varios experimentos curtiños pero moi divertidos nos que traballamos a tensión superficial da auga e as reaccións químicas:
Cantas gotas de auga pode soportar enriba unha moeda sen que se desborden?
As rollas que flotan unidas:
Reacción Química (A cáscara de limón que pode facer explotar un globo)
O Volcán
Como o pasamos tan ben na primeira sesión do Club de Ciencia, quixemos repetir. Desta volta, fixemos dous experimentos moi divertidos e coloridos:
O Arco da Vella de auga dóce
A Lámpada de Lava
Ao longo deste curso, no noso cole fixemos varias sesións relacionadas cos experimentos, englobadas dentro do proxecto do Club da Ciencia. Na primeira sesión, levada a cabo o 13 de febreiro fixemos dúas actividades ben divertidas dos que vos deixamos algunhas fotiños:
O fluido non newtoniano
O equilibrista
O alumnado de terceiro participou no Concurso de Fotografía Dixital Matemática convocado polo IES de Salvaterra de Miño. Estas son algunhas das fotografías que enviamos:
O día da paz celébrase cada 30 de xaneiro. Na clase de Relixión, os nenos/as de terceiro estivemos lendo un libro “Que viva a paz”. Gustounos moito!!!!!.
Despois, emitimos un programa de radio “Especial Día da Paz” coas conclusións de dito libro.
Aprendimos que a paz construímola entre todos/as cos nosos actos:cando recibimos un compañeiro/a novo con cariño, cando prestamos os xoguetes e os libros, cando repectamos a forma de ser e pensar dos compañeiros e compañeiras.
Os nenos/as de segundo fixeron pombas da paz e decoráronas con palabras relacionadas coa paz. MIRADE QUE BEN LLES QUEDARON!!!!
O 23 de abril foi o día do Libro. O alumnado participou nun concurso de poesía ilustrada organizado pola biblioteca partindo dunha cita do autor homenaxeado nas Letras Galegas, Antón Fraguas. A cita dicía así:
“Os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer”.
Saíron fermosas poesías e foi moi difícil decidir o/a gañador/a de cada aula.
Os gañadores foron:
Axel Rodríguez Cambra de 1º
Iria Rodríguez Pazo de 2º
Iria Fernández Pereira de 3º
Julia Bernárdez Lago de 4º
Xian Pérez Cabreira de 5º
Diego Estévez Rivera de 6º
Estas son as poesías de 1º,2º e 3º nivel
E aqui tedes as de 4º, 5º e 6º nivel
Como cada ano ao principio do curso, a biblioteca do Carlos Casares abriu as súas portas para todo aquel que a queira visitar. A inauguración foi o día 5 de outubro ás 9:40 na entrada do colexio. Contamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º. Lucía, Lúa e Antía de 6º foron as encargadas de ler o novo pregón, adaptado este ano ao folclore galego e con toques do noso Conxuro da Queimada. O tamborileiro foi Javi de 5º que, a pesares dos nervios, levou o ritmo estupendamente. A partir dese día, todos os nenos e nenas do cole puideron facer uso da nosa biblioteca para consultar información e para coller libros de lectura. Como novidade, tamén se fixo unha ficha de empréstitos para as familias, que poden vir a coller libros nas tardes de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:00 e así compartir tempo de lectura cos seus fillos.
Queredes ver o ben que o fixeron os nosos pregoeiros? Deixámosvos o vídeo deste acto de inauguración.
A principio de curso, e entre todo o alumnado, elaboráronse as normas da biblioteca. Cada neno/a debuxou e escribiu nun folio ou cartolina a norma que considerase importante cumplir en calquer biblioteca. Todos os traballos foron expostos nos corredores do cole. Escolléronse varias delas para poñer na biblioteca e así recordadarllas aos usuarios.
Como xa sabedes, o día 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO, pero... Sabedes por que se escolleu esta data? E de quen foi a idea desta celebración? Non? Pois o alumnado de terceiro ten a resposta a estas preguntas e nolo contan neste programa de radio especial. Non deixedes de escoitalo para descubrir estas e outras curiosidades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »