Contidos
Terceiro
Desde Radio Saltamontes desexámosvos un Bo Nadal e próspero ano 2020. Desfrutade moito destas datas cos vosos seres queridos e... escoitámosnos á volta!
Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares desexámosvos un Bo Nadal e unhas festas moi felices e deixámosvos unhas recomendacións aproveitando que o Apalpador está á volta da esquina!
BO NADAL!
Boa tarde!
Xa temos aquí o calendario 2020 que, como xa sabedes, este ano xira entorno ao proxecto do comedor. É por iso que as súas páxinas están enfeitadas cos fanásticos obxectos que formaron parte da nosa exposición, así como coas cabazas de Coco-Alxén e, como todos os anos, coas nosas familias, xuntadas neste caso arredor de mesas cheas de recordos e moito cariño. Premede sobre a imaxe para poder visualizalo:
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
25N
Anónimo — Mér, 2019-11-27 23:47
O 25N no CEP Carlos Casares sumámonos ás concentracións que tiveron lugar ao longo de todo o mundo en contra daviolencia de xénero. E non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que recordar a todas e cada unha das mulleres que no que levamos de ano perderon a vida a mans das súas parellas ou ex-parellas.
Así, como sinal de dó e en memoria de todas elas e tantas outras, todo o alumnado e claustro gardamos un minuto de silencio fronte ao mural que elaborou a mestra Susana cos e coas alumnas de 2º ciclo, e que pretende visibilizar a cadaunha das vítimas.
Consideramos tamén moi necesario recordar desde aquí, que a actual lei española, a Lei Orgánica 1/2004, só contabiliza como vítimas de violencia de xénero aquelas mortes perpetuadas por agresores que gardan un vínculo de afectividade coa vítima, polo que moitas das mulleres vítimas de violencia machista non entrarían dentro das estatísticas de violencia de xénero, e por tanto non teñen nome nin rostro.
Por todas elas e por unha sociedade máis igualitaria, desexamos con arela que nin unha máis, nin unha menos.
O pasado venres, como xa sabedes, celebramos o noso preciado Coco-Alxén. Nesta edición, o alumnado traballou
moitísimo, e o resultado foron unhas estupendas cabazas a mar de orixinais, con todo luxo de detalle. Así, o noso
centro engalanouse con cocos terroríficos, cocos aventureiros, outros máis adorables... Pero sen dúbida os cocos
estrela da xornada foron os cocos baseados no noso proxecto anual: o comedor, obxecto do noso premio especial, o
máis desexado!
E por toda esta adicación, o xurado de Coco-Alxén decidiu invocar ao Coco Supremo que ditou repartir agasallados
entre todos e toda as participantes para agradecer a súa implicación. Logo dunhas cantas ofrendas e rituais do máis
variopinto, o Gran Coco seleccionou aos cocos premiados que pasaron a formar parte do mostrador laureado que se
exhibe na entrada da nosa escola.
Deixámosvos unhas fotos de todas as cabazas participantes así como das premiadas:
Bo día!
Unha semana máis, vimos cunha nova edición de Radio Saltamontes. O pasado mércores 6 de novembro, o alumnado de 3º, con axuda da nosa mestra Susana,elaboramos un conto ben fandangueiro con motivo do Magosto. O seu protagonista é Antón, que desexa ser castañeiro coma súa nai. Un bo día, Antón atópase unha castaña dourada e... ata aquí lemos! Deberedes escoitar con moita atención para seguir as aventuras de Antón e a preciada castaña.
Esperamos que vos guste tanto como a nós crealo!
Boa escoita!
Hoxe, luns 21 de outubro, o CEP Carlos Casares dou a benvida ao alumnado e
profesorado friulano e istrio, que nos acompañará ao longo desta semana a través
do Proxecto RUSH do Erasmus+.
Paqui, a directora do CEP, xunto co alumnado acolledor; foron os encargados
de presentar aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras. Así,
descubrimos que cousas saben sobre Galicia, cales son as súas afeccións, as súas
comidas favoritas, etc. e até aprendemos un pouquiño de italiano!
Entre o alumnado friulano, incorpóranse as nosas
aulas Nina e Giorgia en 3º, Rosita en 5º e Flaminia e Luca en 6º curso. Pola súa
parte, entre o alumnado procedente de Istria contamos con Nicole, Flora,
Lana e Gabriel en 5º e Danea en 6º curso. Non nos esquecemos do profesorado
estranxeiro; Marina, Fabio e Loredana, que esperamos, desfruten moito a estadía
en Alxén.
Benvignûts, benvignudi, benvidos e
benvidas!
Desde inicio de curso, o alumnado e o mestrado do CEP Carlos Casares, estamos aunando esforzos para facer da nosa escola, un lugar máis divertido se cabe!
É por iso que, como seguramente xa sabedes, na pista frontal do centro están a pintarse unha serie de coñecidos xogos populares como o Twister e o Truco, só que... en realidade aumentada!
Así, brochazo tras brochazo, e paseniñamente, imos aumentando a paleta de cores do noso centro e moi moi pronto, vamos a poder gozar todas e todos nós, de novas opcións lúdicas, alén dos xogos de sempre!
Hoxe, día 8 de outubro realizouse no patio da escola o acto de inauguración da biblioteca
escolar. Actuaron como pregoeiras Isabel, Gema e Maite e como tamborileiro Javier.
A partires de hoxe, a biblioteca estará aberta para intercambio de libros os recreos dos martes e dos xoves!
Que os libros vos acompañen!!
COMEZA UN NOVO CURSO NO CEP CARLOS CASARES!!!
Moi benvidos rapaces!!!
E mestres...!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »