Skip to Content

Erasmus+

PASAGALEGO

Bo día! O pasado 22 de novembro, o alumnado de 1º curso estreámonos en Radio Saltamontes, nunha cita que esperábamos con moitísima ilusión! Sorriso

 

Para tal ansiada data preparamos con moito cariño un programa moi divertido que porá a proba todo o voso coñecemento sobre a gastronomía galega. O programa chámase Pasagalego, sóavos familiar? Escoitade con moita atención para non perder pista sobre as palabras que se agochan tras cada definición!

 

Boa escoita!

Programa especial: o Magosto

A pasada semana, o alumnado de 2º curso emitimos un programa ben completiño desde Radio Saltamontes! 

Este xirou arredor do Magosto e da castaña, para aprender un pouquiño sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Pero ademais, tamén aprendemos datos ben interesantes sobre a historia da castaña e algunha que outra curiosidade, repasamos o refraneiro, cantamos cantigas e até partillamos unha receita ben suculenta das filloas de castaña. Só de volver a escoitala xa se nos fai a boca auga... 

 

Collede lapis e papel que este programa éche do máis interesante!

 

Boa escoita!

 

As nosas historias de 3º

Bo día!

Unha semana máis, vimos cunha nova edición de Radio Saltamontes. O pasado mércores 6 de novembro, o alumnado de 3º, con axuda da nosa mestra Susana,elaboramos un conto ben fandangueiro con motivo do Magosto. O seu protagonista é Antón, que desexa ser castañeiro coma súa nai. Un bo día, Antón atópase unha castaña dourada e... ata aquí lemos! Deberedes escoitar con moita atención para seguir as aventuras de Antón e a preciada castaña.

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós crealo!

 

Boa escoita!

O NOSO PROGRAMA MÁIS INTERNACIONAL

O pasado xoves 24 de outubro, desde Radio Saltamontes transmitimos un programa moi especial, acompañados do alumnado procedente de Cividale del Friuli e Rovinj (Istria), co que partillamos unha semana chea de momentos inesquecibles.

Neste programa, explicamos entre outras cousas, en que consiste o Proxecto RUSH e porque é tan importante para nós. Tamén preparamos algunhas preguntiñas para coñecer un pouco mellor aos nosos convidados e convidadas. 

 

Estade ben atentos porque traemos algunha que outra sorpresiña para despedir o programa tal e como se merece!

Aproveitamos para agradecer ás familias acolledoras e a todo o alumnado pola súa xenerosidade e boa disposición e así converter ao noso centro nun espazo de encontro internacional!

 

 

Ata outra e... BOA  ESCOITA!
 
 
 

OS NOSOS PRODUTOS MÁIS QUERIDOS

O venres 18 de outubro chegamos cun novo programa de Radio Saltamontes da man dos nenos e nenas de 4º curso.

Como non podería ser doutro xeito, trátase dun programa moi sabedeiro, con grandes protagonistas como os nosos produtos máis preciados: pan, pementos, tortilla, percebes, longueirón… Para todos os gustos e cores!

Así que por precaución, recomendamos facer a escoita co bandullo ben cheo e…. Bo proveito!

Abstéñanse lambisqueiros!

BENVIGNÛTS, BENVIGNUDI, BENVIDOS E BENVIDAS!

 

Hoxe, luns 21 de outubro, o CEP Carlos Casares dou a benvida ao alumnado e

 

 

profesorado friulano e istrio, que nos acompañará ao longo desta semana a través

 

do Proxecto RUSH do Erasmus+.

 

 

 

 

Paqui, a directora do CEP, xunto co alumnado acolledor; foron os encargados

 

 

de presentar aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras. Así,

 

 

descubrimos que cousas saben sobre Galicia, cales son as súas afeccións, as súas

 

 

comidas favoritas, etc. e até aprendemos un pouquiño de italiano!

 

 

Entre o alumnado friulano, incorpóranse as nosas

 

 

aulas Nina e Giorgia en 3º, Rosita en 5º e Flaminia e Luca en 6º curso. Pola súa

 

 

parte, entre o alumnado procedente de Istria contamos con Nicole, Flora,

 

 

Lana e Gabriel en 5º e Danea en 6º curso. Non nos esquecemos do profesorado

 

 

estranxeiro; Marina, Fabio e Loredana, que esperamos, desfruten moito a estadía

 

 

en Alxén.

 

 

 

 

 

 

Benvignûts, benvignudi, benvidos e

 

 

 

benvidas!

A NOSA GASTRONOMÍA

 

O pasado 4 de outubro os nosos compañeiros de 6º curso coceron a lume lento un programa moi saboroso sobre a gastronomía do noso condado, sen esquecer un dos ingredientes que máis lle gusta a grandes e cativos: as festas gastronómicas!

 

Non perdades detalle para estar ao tanto de todas aquelas verbenas que transcorren ao longo do ano na nosa contorna e...

 

B proveito!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut