Unha das actividades que caracterizan ao noso centro é a exposición de obxectos, preferentemente antigos, que estean relacionados co tema do proxecto anual. Durante este curso escolar, o tema escollido ten que ver coa meteoroloxía e chamámoslle "METEOALXÉN". Somos conscientes de que non era un tema doado pero, unha vez máis, as familias do noso alumnado pensaron moitísimo e, pensando, pensando, atoparon unha morea de obxectos para expoñer. Ao final quedounos unha exposición ben chula.
Seguindo a tradición, despois do concurso Coco - Alxén, pasamos á Xornada de Xogos Tradicionais. Este anos, despois de varios de restriccións, puidemos volver a mesturarnos e facer grupos onde había nenos de todos os niveis. Que alegría ir podendo volver á normalidade!!
Unha vez rematados os xogos, Karen e Estela asaron as castañaspara o que pediron axuda a nosa Carmiña, que sempre se presta a axudarnos e, para rematar a xornada, saltamos a fogueira. Había dúas, unha máis grande para os maiores e outra máis pequeniña para os máis cativos da escola.
QUE NON SE PERDAN AS TRADICIÓNS!
(Na galería de fotos hai unha pequena escolma de fotografías dese día, pasádevos por ela)
O venres 11 de novembro celebramos na escola o noso xa tradicional concurso de cabazas chamado Coco -Alxén. Foron moitas as presentadas ao concurso, tantas, que o noso xurado tivo moi difícil a elección de gañadoras.
Iso si, o premio especial levárono aquelas relacionadas co proxecto do cole, este ano "METEOALXÉN", no era un tema doado pero ainda así o noso alumnado deulle aos miolos e sairon cousas preciosísimas. Botádelle un ollo á nosa galería de fotos.
E chegamos ao fin do trimestre con este programa realizado polo alumnado de 4º nivel da clase de Relixión. Desexámosvos un moi bo nadal e que pasedes unhas boas vacacións. Descansade moito e vinde preparados para o vindeiro trimestre que virá cargadiño de novidade e celebracións. Vémonos no 2023!!
Estámonos achegando ao Nadal e xa empezan a soar por todas as esquinas as mesmas cancións de sempre. O alumnado de 4º nivel proponnos outras versións desas cancións de nadal de sempre. Que vos parecería escoitar poder escoitar rock ou incluso heavy metal e que siga sendo nadal? Que non o credes? Pois escoitade e desfrutade...