Alá polo San Martiño, celebramos na escola a xornada de xogos tradicionais e o magosto. Con esta damos comezo ás festas, celebracións e conmemoracións que, como poderedes comprobar ao longo de curso, non son poucas.
Queredes ver que ben o pasamos? Pois mirade o noso álbum.
Capitaneados polo mestre Pablo e os seus titores, Sonia e Fran, o noso alumnado do 3º ciclo demostrou que é o que máis sabe de seguridade na rede. Presentáronse a un concurso de ciberseguridade e que non sabedes que paso? Pois que GAÑARON!! Moi emocionados foron á final que tivo lugar en Santiago de Compostela, houbo moitos nervios e momentos algo tensos, pero mereceu a pena.
O día 11 de setembro inauguramos un novo curso escolar. Estabamos todos desexosos de comezar, que nos deparará este curso? Que cousas aprenderemos? Ainda están por descubrir, pero seguro que serán interesantísimas!!!
Coma cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega aportan ideas en canto a lecturas e xogos para que o alumnado do noso centro poida incluír nas súas cartas aos Reis Magos. Dende o CEP Carlos Casares desexámosvos boas festas e próspero aninovo.
Este trimestre tivemos o noso primeiro encontro e pasámolo xenial. Falamos dos libros que lemos durante o verán e os libros que estamos a ler agora, dos que nos gustaron moito e dos que non tanto argumentando o motivo e falando un pouco do libro. Descubrimos a diferente variedade de libros que nos gusta a cada un de nós. Falamos das propostas de autores/as que nos gustaría que visitasen o noso cole e buscamos libros deses autore/as na nosa biblioteca. Tamén buscamos na internet información dos autores/as e outros libros que non temos na biblioteca.