Coa chegada do bo tempo quitamos os libros para ler á sombra das árbores do centro. Son os colaboradores da biblioteca os encargados da elección dos libros así como de sacar a caixa e a cesta coas mantiñas e coxíns.
Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos desta actividade
O pasado día 21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.
Durante o mes de marzo co motivo da celebración do Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.
Desta vez é o alumnado de 3º nivelquen se pon diante dos micros para contarnos as orixes do Samaín. O certo é que averiguaron moitísimas cousas e ademáis, super interesantes, escoitáde con atención...