O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título "Lerias e enredos doutro tempo" e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.
Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.
Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, "Xoguetes Esquecidos" adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas....
O día 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e no CEP Carlos Casares decidimos facer un pequeno acto de homenaxe a todas esas mulleres que sufren ou sufriron algún tipo de maltrato. Baixo o lema #nontedeixespisar, saimos todos ao patio co calzado desparellado e un calcetín de cada cor. Aqui abaixo deixamos un vídeo da xornada pero non esquezades pasar pola nosa galería para vernos.
Queremos agradecer a Luis Quevedo, por vir desinteresadamente a pasar unha xornada con nós e prestarnos, tanto o seu dron como os seus coñecementos de edición de vídeo para crearnos este resumo da actividade.
Por segundo ano consecutivo, a asociación pedagóxica Ponte...Nas Ondas, quixo premiar á nosa escola pola súa participación no certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio. Desta volta presentámonos coas fotografías do calendario do curso pasado METEOALXÉN. Eran tantas e tan boas que, por unanimidade e fóra de toda categoría decidiron outorgarnos un premio. A entrega era en Ourense e alí foi, o alumnado de 2º, 5º e 6º por ser os que máis fotos tiñan no calendario. Este ano volveremos a presentarnos coas fotos que traian as familias, gañaremos outra vez?
Pasádevos pola nosa galería para ver a entrega de premios.
Por causas alleas á escola (o que ven sendo, a chuvia), non puidemos saltar a fogueira o día do magosto. Levamos unha decepción tremenda, e por iso, unha semana máis tarde, cando deixou de chover e, aproveitando a celebración do concurso Coco-Alxén, os nosos mestres e mestras decidiron darnos unha sorpresa e preparar as fogueiras para saltar.
Que alegría cando nos demos conta de que a mestra Eva, moi disimuladamente sacaba os sacos de bullo para o patio!!! Ela pensaba que non nos deramos conta pero... non se nos escapa unha!!!
Unha semana máis tarde do habitual, tivo lugar o concurso de COCO-ALXÉN. Os mestres que chegaron novos ao centro exerceron de xurado e resultoulles moi pero que moi difícil escoller as cabazas gañadoras. Non podían gañar todas polo quixemos premiar a participación entregando un pequeno agasallo a todos e todas os nenos e nenas que presentaron algunha cabaza a concurso. Eran todas espectaculares pero só nove foron as afortunadas que formaron o podium de vencedores.