O venres 11 de novembro celebramos na escola o noso xa tradicional concurso de cabazas chamado Coco -Alxén. Foron moitas as presentadas ao concurso, tantas, que o noso xurado tivo moi difícil a elección de gañadoras.
Iso si, o premio especial levárono aquelas relacionadas co proxecto do cole, este ano "METEOALXÉN", no era un tema doado pero ainda así o noso alumnado deulle aos miolos e sairon cousas preciosísimas. Botádelle un ollo á nosa galería de fotos.
E chegamos ao fin do trimestre con este programa realizado polo alumnado de 4º nivel da clase de Relixión. Desexámosvos un moi bo nadal e que pasedes unhas boas vacacións. Descansade moito e vinde preparados para o vindeiro trimestre que virá cargadiño de novidade e celebracións. Vémonos no 2023!!
Estámonos achegando ao Nadal e xa empezan a soar por todas as esquinas as mesmas cancións de sempre. O alumnado de 4º nivel proponnos outras versións desas cancións de nadal de sempre. Que vos parecería escoitar poder escoitar rock ou incluso heavy metal e que siga sendo nadal? Que non o credes? Pois escoitade e desfrutade...
Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...