Desta volta o alumnado de terceiro nivel púxose en modo investigación para averiguar cantos deportistas temos na escola e que deportes practican e descubriron unha chea deles. Logo de facer unha escolma, quedaron cun capoeirista, unha nadadora, unha bailarina e un xogador das categorías inferiores do RC Celta de Vigo.
Como broche final do seu programa contactaron cun xogador de hockey profesional!!
Queredes saber quen son os nosos deportistas? Pois prestade atención...
O 2 de decembro do 2021 o alumnado do segundo ciclo, acompañado dos seus mestres e mestras, fixo unha pequena excursión a Salvaterra co obxectivo de coñecer os servizos municipais. Nela visitaron o Concello, Correos e o Museo do Viño ubicado nas Covas de Dona Urraca. No concello sabedes quen os recibiu? Marta, a mesmísima alcaldesa!! e ademáis tiveron a oportunidade de que Mariano, un dos policías locais lles contase un pouco máis polo miúdo cales eran as súas funcións.
Pasárono de marabilla como dan boa conta as fotos que sacaron. Botádelles un ollo.
O alumnado de 4º nivel seica nos saíu entroideiro! Non lle chegou co entroido que celebramos na escola hai unhas semanas que se foi a Londres da man do mestre Xan, a buscar outro entroido, pero sabedes o mellor, que o atoparon! E ademais en agosto! Queredes saber máis? Pois prestade atención...BOA ESCOITA
O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía. O alumnado de 3º nivel quixo renderle unha pequena homenaxe adicándolle este programa de radio. A día de hoxe de seguro non hai ningún neno ou nena galegos que non saiban quen foi esta ilustre escritora galega. Outros anos, o día de Rosalía era o 24 de febreiro, queredes saber por qué este ano se cambio a data? Escoitade o programa a ver se o descubrides de paso que aprendedes moitas cousas máis desta escritora, que o desfrutedes!!
Para conmemorar o Día da Paz, o alumnado do segundo ciclo interpretou a canción "Si me voy" , unha "coreografía" con vasos de plástico, estiveron unha semana ensaiando e estaban moi emocionados coa súa interpretación. Queredes ver que tal lles saliu? Pois mirade...