Skip to Content

Club de ciencia

Experimentos Científicos. 3º Curso FLORES DE CORES

O primeiro experimento que fixemos na aula de terceiro. O grupo encargado do experimento foron: Antía, Daniela, Ainoa e Adrián R.

 

 

CLUB DE CIENCIA

Dende o mes de febreiro estamos moi interesados na ciencia, polo que que nos apuntamos ao Club de Ciencia. Pero gústanos tanto, que non nos importa estar no cole polas tardes. Pasámolo xenial, comemos coas mestras e facemos misturas de cousas das que saen cousas boísimas!!

Para a primeira sesión deste Club de Ciencia, tivemos que levar ao cole unha cunca, ese día entendimos o por que:

Fomos todos para a aula de música e alí había o seguinte:

 

Había chucherías, chocolate, ovos, fariña, aceite, levadura, e leite. Houbo que misturalo todo na cunca... Menos mal que estaban alí as mestras Paqui, Montse e Merce para axudarnos que se non...

 

 

 

Non tiñamos nin idea do que ia saír de aí. De súpeto, a mestra Merce fainos entrar na sala de mestres, mete as cuncas no microondas, e este foi o resultado, UN MUGCAKE!!!!

 

 

Estaba delicioso Mmmmmm!!! A nós encantounos facelo e divertímonos moito. Que faremos a vindeira vez???

Devecemos por sabelo...

Ata a próxima!!

 

 

 

A LÁ QUENTA?

 

Este ano púxose en marcha por primeira vez o Club de Ciencia, que consiste en facer cousas relacionadas coa ciencia fóra do horario lectivo.

O pasado 21 de febreiro, foi a primeira sesión e pasamos un día magnífico!! Quedamos a comer no cole coas mestras e despois fomos para clase a facer algo que nos gusta moitísimo, EXPERIMENTOS!!!!

Tocounos descubrir se a lá quenta ou non quenta, para iso, tivemos que traer ao cole unha luva e dous xeos, un xeo metémolo dentro da luva, o outro deixámolo fóra e houbo que esperar unha hora para ver cal dos dous xeos se derretía máis. Mentres tanto, as mestras Pilar, Belén e Laura nos contaron de que ía eso do Método Científico.

 

Aquí podedes ver a luva e o xeo mentras se vai derretendo 

Mirade como se ve o xeo dentro da luva

Nós, en plena tarefa

Pasámolo super ben! Estamos desexando que chegue a seguinte sesión, que será o día 18 de abril!!!

Ata outra!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut