CLUB DE CIENCIA

Dende o mes de febreiro estamos moi interesados na ciencia, polo que que nos apuntamos ao Club de Ciencia. Pero gústanos tanto, que non nos importa estar no cole polas tardes. Pasámolo xenial, comemos coas mestras e facemos misturas de cousas das que saen cousas boísimas!!

Para a primeira sesión deste Club de Ciencia, tivemos que levar ao cole unha cunca, ese día entendimos o por que:

Fomos todos para a aula de música e alí había o seguinte:

 

Había chucherías, chocolate, ovos, fariña, aceite, levadura, e leite. Houbo que misturalo todo na cunca... Menos mal que estaban alí as mestras Paqui, Montse e Merce para axudarnos que se non...

 

 

 

Non tiñamos nin idea do que ia saír de aí. De súpeto, a mestra Merce fainos entrar na sala de mestres, mete as cuncas no microondas, e este foi o resultado, UN MUGCAKE!!!!

 

 

Estaba delicioso Mmmmmm!!! A nós encantounos facelo e divertímonos moito. Que faremos a vindeira vez???

Devecemos por sabelo...

Ata a próxima!!