Skip to Content

REPARTO DE MÁSCARAS

Bo día familias:

A Xunta ven de publicar a ORDE pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

A continuación, facemos un resumo do contido da ORDE e dos pasos que tedes que facer para  solicitar as máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Alumnado destinatario: o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero  pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado exento de presentar solicitude: Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Presentación de solicitudes: Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando os formularios (anexo I e anexo II) que podedes atopar no arquivo adxunto a esta publicación, e que tamén están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal  ou no portal educativo http://www.edu.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Documentación complementaria:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Atentamente

O Equipo Directivo

AdxuntoTamaño
ANEXOS.pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut