Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Prezadas familias!

Infórmovos de que saíu publicada a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Os prazos de presentación son do 20 de maio ao 19 de xuño, ambos incluídos. Pregámosvos que o vaiades facendo canto antes, para ter tempo suficiente para solventar calquera atranco que vos poida xurdir.

Cúbrese un único impreso para todas as axudas, libros e material e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2020/2021.

Este trámite farase vía electrónica, preferentemente, na sede electrónica. Para facer este trámite precisades a chave 365 ou o certificado dixital. Aproveito para recomendarvos que solicitedes estes certificados porque ídelo precisar para poder facer calquera trámite administrativo.

No caso de que vos sexa imposible facelo trámite telemáticamente, pódese presentar presencialmente. Para evitar calquera risco de contaxio e para facilitar os trámites, pedímosvos que descarguedes os anexos: ANEXO I e ANEXO II. Unha vez que os teñades cubertos, mandádenos as fotos das páxinas ao correo electrónico: cep.carlos.casares@edu.xunta.gal  No asunto poñede o nome e os apelidos d@ alumn@. Unha vez que os revisemos e que estea todo correcto, logo depositádelos na caixa de correos do cole, metidos nun sobre, co nome d@ alumn@ por fóra.

Unha aperta!!

A dirección



page | by Dr. Radut