Skip to Content

Atención pais/nais

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 22-23

Informámosvos de que saíu publicada a Resolución da secretaría do estado de educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022 - 2023.

Os prazos de presentación das solicitudes extenderase ata o 30 de setembro de 2022, incluído.

As solicitudes, tanto de axuda como de subsidio, deberá cumprimentarse mediante o formulario por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección htttps://sede.educacion.gob.es

Os / as solicitantes que non dispoñan de sede electrónica, deben imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentarano, soa súa sinatura e a dos demais membros da familia computables, acompañada da documentación descrita no artigo anterior, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o curso acadé ico 2022 - 2022.

A información sobre o estado tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

MATRÍCULA 2022-2023

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Curso 2022/2023

Solicitudes de admisión: 1-21 de marzo

Horario de atención no centro: 10 a 11h

 

Podes consultar a NORMATIVA premendo aquí.

 

Para presentar SOLICITUDES NA SEDE ELECTRÓNICA preme aquí.

 

 

 

 

ALUMNADO DE 6º: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN ( IES SALVATERRA DE MIÑO) PARA O CURSO 2022-23

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)  no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar:

1. No centro educativo de orixe (CEP CARLOS CASARES). Tedes á vosa disposición o anexo ED550A no arquivo adxunto para a súa descarga.

2. En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

BO NADAL E FELIZ ANO 2022

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2021

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

O vindeiro martes 5 de outubro convocámosvos á reunión de inicio de curso cos titores/as dos/as vosos/as fillos/as.

Para evitar aglomeracións na entrada da escola, as reunións darán comezo a intervalos de 15 min, quedando o horario do seguinte modo:

CURSO HORA DE INICIO LUGAR DE REUNIÓN
2º nivel 16:30h Aula de 2º
3º nivel 16:45h Aula de 3º
4º nivel 17:00h Aula de 4º
5º nivel 17:15h Salón de actos
6º nivel 17:30h Aula de 6º

Pregamos que na medida do posible, asista un só proxenitor por alumno/a

Un saúdo

O Equipo Directivo

INICIO DO CURSO 2021-2022

Queridas familias do Carlos Casares! Chegou o momento de retornar ao cole dándolle a benvida a este curso 2021-2022. Como todos sabedes, este vindeiro xoves 9 de setembro volvemos ao centro, en horario habitual. Nesta ocasión, regresamos todo@s no mesmo día.

Queremos lembrarvos que as saídas faranse de xeito escalonado, polo que as familias do alumnado non transportado deberedes estar no horario estipulado para recoller aos vos@s fill@s:

14:30h

14:32h

14:34h

14:36h

14:38h

14:40h

Un pequeno recordatorio para as novas familias que inician andadura no centro, o mércores 9, reunión ás 12.00.

Un saudiño e feliz volta ao cole.

 

ESTÁ ABERTO O PERIODO DE MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021- 2022

Dende o 20 ao 30 de xuño estará aberto o periodo de matrícula para o novo alumnado. 

As familias do alumnado admitido recibiredes un sobre con información relevante sobre o funcionamento do centro,  así como  todos  os impresos e  a listaxe de documentación necesaria que teredes que entregar na secretaria do Centro para formalizar a matrícula.

 Dado que neste curso non se pudo facer a xornada de portas abertas,  o día que veñades a entregar a documentación, poderedes vir acompañados dos vos@s fill@s para que poidan ter unha pequena toma de contacto co colexio.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022

 

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022.

Os prazos de presentación son do 21 de maio ao 22 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2021/2022.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta. es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira  presencial  na secretaría do centro, previa petición de cita.

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22

O prazo para a presentación  de solicitudes  de admisión  de novo alumnado estará aberto do 1 ao 22 de marzo.

As solicitudes  poderán presentarse:

  • A través da aplicación “admisionalumnado”: 

        https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • Na secretaria do Centro, con cita previa  (09:45 – 11:10h)

 Formulario para tramitar a solicitude:

O Formulario normalizado ED550B, a través do cal se tramita a solicitude, pode descargarse:

  • Da páxina Web do centro (premendo no arquivo adxunto que atoparedes abrindo esta publicación desde o título).
  • Da aplicación “admisionalumnado": https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
  • Da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección: http://www.xunta.es/portada 
  • O colexio facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas que a soliciten.

 AVISO IMPORTANTE

   Cada familia só poderá presentar unha única solicitude no centro no que  solicite praza en primeiro lugar.

  A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.

PRAZOS

PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 22 de marzo

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS: Antes do 25 de abril

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: 3 días hábiles a partir do día seguinte á publicación das listaxes.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS: Antes do 15 de maio

FORMALIZACIÓN DE  MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

DOCUMENTACIÓN

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Aministracións Públicas.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/-a.

c) Certificado oficial do expediente académico.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso, para o seu cotexo (en caso de violencia de xénero non será esixible)

PRAZAS VACANTES  PARA O CURSO 21/22

CURSO PRAZAS VACANTES
12 + 3 NEAE
15
 9
16
5
8
Distribuir contido


by Dr. Radut