Skip to Content

Atención pais/nais

RESERVA PRAZA

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DE PRAZA

Estimadas familias:

Informámosvos de que o proceso para reservar praza nos centros adscritos estará aberto ata o 6 de febreiro.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda continuar os seus estudos no IES de Salvaterra de Miño deberá cubrir a solicitude de reserva e presentala no centro onde estea escolarizado/a actualmente.

 

A solicitude de reserva, poderá presentarse dos seguintes xeitos:

1. Telematicamente a través da aplicación “admisionalumnado”

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), unha vez confirmada a

solicitude, poderá descargala para asinala e presentala no centro de orixe.

2. Cubrindo a solicitude na aplicación, asinándoa dixitalmente e presentándoa na

Sede Electrónica, para facer isto deberá ser usuario da chave 365 ou contar con certificado dixital.

3. De forma manual cubrindo o ANEXO I (ED550A) e entregándoo no centro de orixe.

  • A solicitude deberá estar asinada por unha das persoas proxenitoras, xuntando o

    modelo anexo I bis co consentimento da outra.

  • No caso de que o outro proxenitor non poida asinar o modelo anexo I bis por

    ausencia, admitirase unha declaración responsable da persoa que asine a

    solicitude indicando o motivo ( só no caso de proxenitores non separados nin

    divorciados).

  • En caso de separación é obrigatorio asinar o anexo I bis.

 

Para máis información 

PREME AQUÍ

 

ELECCIÓN CONSELLO ESCOLAR

MAGOSTO NA ESCOLA

REUNIÓN FAMILIAS

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Prezadas familias:

O Claustro do CEP Carlos Casares queremos darvos a benvida ao curso 22-23, xa sen as restricións dos cursos pasados. Comprácenos informarvos de que mañá día 8 xa haberá horario normal (09.40-14:40h) e o servizo de transporte escolar farase con normalidade, polo que non haberá quendas de entradas e saídas escalonadas.

Queremos aproveitar para convidarvos a que acompañedes aos voso/as fillos/as á hora da entrada, onde faremos a presentación do profesorado e do alumnado de 1º. A este alumnado transportado, asignaráselle un padriño/madriña da súa parada.

A listaxe de material entregaralla o/a titor/a nestes primeiros días.

A reunión xeral das familias cos titores/as será o martes, 4 de outubro.

Agardamos que este curso sexa proveitoso para toda a Comunidade Educativa.

Saúdos

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 22-23

Informámosvos de que saíu publicada a Resolución da secretaría do estado de educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022 - 2023.

Os prazos de presentación das solicitudes extenderase ata o 30 de setembro de 2022, incluído.

As solicitudes, tanto de axuda como de subsidio, deberá cumprimentarse mediante o formulario por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección htttps://sede.educacion.gob.es

Os / as solicitantes que non dispoñan de sede electrónica, deben imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentarano, soa súa sinatura e a dos demais membros da familia computables, acompañada da documentación descrita no artigo anterior, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o curso acadé ico 2022 - 2022.

A información sobre o estado tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

MATRÍCULA 2022-2023

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Curso 2022/2023

Solicitudes de admisión: 1-21 de marzo

Horario de atención no centro: 10 a 11h

 

Podes consultar a NORMATIVA premendo aquí.

 

Para presentar SOLICITUDES NA SEDE ELECTRÓNICA preme aquí.

 

 

 

 

ALUMNADO DE 6º: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN ( IES SALVATERRA DE MIÑO) PARA O CURSO 2022-23

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)  no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar:

1. No centro educativo de orixe (CEP CARLOS CASARES). Tedes á vosa disposición o anexo ED550A no arquivo adxunto para a súa descarga.

2. En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Distribuir contido


by Dr. Radut